Etiquetas
- 1ºA (64)
- 2ºA (94)
- 2ºB (98)
- 3ºA (61)
- 3ºB (57)
- 4ºA CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (1)
- 4ºB CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (2)
- AVISOS XERAIS (1)
- CC SOCIAIS (23)
- CEIP TORRE ILLA (162)
- CONMEMORACIÓNS (25)
- CURSO 19-20 (92)
- CURSO 20-21 (29)
- CURSO 2020-21 (1)
- CURSO 2020-21 CEIP TORRE ILLA (1)
- CURSO 21-22 (21)
- DIA DA EF NA RÚA (1)
- EDLG (12)
- EDUCACIÓN FÍSICA (36)
- EF (23)
- LETRAS GALEGAS 2020 (3)
- LETRAS GALEGAS 2020-21 CEIP TORRE ILLA CURSO 20-21 (1)
- MAGOSTO (1)
- MÚSICA (2)
- REVISTA ESCOLAR. (3)
- VALORES (26)
- xogos (5)
- xogos populares e tradicionais (2)
venres, 28 de marzo de 2025
mércores, 26 de marzo de 2025
Visita a Radio Arosa - Cadena Ser
Hoxe o alumnado de 3º A-B do Ceip Torre illa desprazouse ata os estudos de Radio Arosa para visitar unha radio profesional e participar no programa Hoy por Hoy Arosa da man de Eloy Magariños e o seu equipo. Tamén puidemos facerlle algunhas preguntas ao alcalde da Arousa, Luís Arosa.
domingo, 23 de marzo de 2025
PODCAST para CONCURSO JOSÉ HERMIDA .
Esperamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós.
CEIP TORRE ILLA CURSO 2024-2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-3-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) xogou na Escola de Pau contra un gran rival e terceiro clasificado na Liga Galega ata o momento. O Dorna Vengarco xogou apretando cada unha das súas partidas, non dándolle respiro ao rival que a priori e vendo o elo inicial sospeitabase que ía ser unha loita difícil. O Dorna Vengarco tras un gran esforzo e compromiso logrou vencer ao Xadrez Breogán ( o Grove) por 2,5-1,5 . Resultado que lle permite escalar ata o 2º posto de Primeira División do grupo C . Fantástico!!!!!!
Xogaron: Alberto ( Pichón), Sergio Otero, Carlos Chaves e Álvaro Fernández .
.......................................................................................................................
O equipo de segunda capitaneado polo profe Toño tamén xogou en casa ( Escola de Pau) . Tocábanos xogar contra o Xadrez Cum Laude , un rival a priori moito máis experimentado ao que lle plantamos cara. O resultado final foi de 3-1 para o Dorna Vengarco B. Fabuloso ver a rapazada xogando as súas partidas superconcentrados e loitando ata o final!!!!! Moi ben rapaces!!!!.
Nesta ocasión xogaron : Toño, Bran Gómez, Carlos Oubiña e Leo Padín
( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos de encontro)
Con éste resultado seguimos mantendo un moi bo posto na clasificación xeral, se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!
........................................................................................................................................
O equipo de 3ª División descansou nesta xornada. Podendo algún dos seus integrantes ascender e xogar co equipo de segunda división. Un premio polo seu esforzo e ganas de mellorar día a día.Seguimos aprendendo e mellorando. Moi ben rapazada!!!!!
domingo, 16 de marzo de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 15-3-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Pontevedra e obtivo un boísimo resultado ante un equipo que sempre nos pon dificultades dende o inicio, pero ainda así o Dorna mantívose firme, gañando 1-3 o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División. Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos e Álvaro ( que debutaba en primeira):
.................................................................................................................................................
O equipo de segunda capitaneado polo profe Toño desprazouse ata Vilagarcía, onde sempre nos tratan coma da casa. Tamén puidemos conseguir gañar 0-4 a un rival que parecía máis fácil do que ao final foi, pero con esforzo, compromiso e tranquilidade nos momentos claves puidemos conseguilo. Xogaron : Toño, Alberto, Xoel e Gerard
( Gerard xogou a súa primeira partida en segunda división e tras unha partidaza de principio a fin gañou a un rival de 1482 de ELO!!!! Non está nada mal para empezar!!!!jejejeje)
Con éste resultado pasamos ao terceiro posto da clasificación xeral!!!!
Agora toca aguantar e intentar soñar con estar neses primeiros postos!!!!
..............................................................................................................................................................
O equipo de 3ª División sufriu unha derrota ante un rival máis experimentando, pero seguen aprendendo. Algúns xogadores do equipo tiveron a oportunidade de xogar en segunda división e gañaron as súas partidas!!!!!!
Xornada Práctica de Vela ( RCN Sanxenxo). ( Xogade, Mancomunidade do Salnés e Asociación Val do Salnés )
mércores, 12 de marzo de 2025
INICIACIÓN COMPETICIÓN DE MINIBALOMÁN!!!
Hoxe desprazámonos co alumnado de 3º a pasar unha xornada deportiva de MINIBALOMÁN con outros coles da zona ( VIÑAGRANDE, ENRIQUE BARREIRO,SAN BARTOLOMÉ E COIRÓN-DENA. Pasámolo xenial!!!!
domingo, 9 de marzo de 2025
Xornada teórica de Vela ( RCN Sanxenxo).(Dentro de XOGADE. AV DO SALNÉS)
Adrián e María desprazáronse dende o RCN de Sanxenxo a facernos unha clase teórica - práctica , puidemos aprender conceptos básicos de navegación imprescindibles para facer unha saída a navegar, previsiblemente para a semana se o tempo nos acompaña. O alumnado pasouno pipa coas súas explicacións, ademáis trouxéronos un Optimus , no que a RAPAZADA puido montar, izar velas e probar en seco as maniobras que pa semana terán que poner en práctica no mar ( viraxes, ceñida, facer contrapeso,...). A continuación podedes ver unhas fotiños do día...
Moitísimas grazas pola visita, estamos desexando navegar👍⛵⛵⛵🧭🧭🌊🌊.
luns, 24 de febreiro de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-2-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Vilagarcía e obtivo un boísimo resultado o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División:
martes, 18 de febreiro de 2025
LIGA DE XADREZ 3ª XORNADA 15-2-2025
O equipo de 1ª DORNA VENGARCO 3-1 ao equipo de Mos B. Un equipo difícil con xogadores moi ben preparados , pero que os Carcamáns gañaron con contundencia. Noraboa👏👏
domingo, 2 de febreiro de 2025
Liga Galega de Xadrez
Éste fin de semana o equipo do Xadrez Dorna C xogou un encontró na Escola de Pau , estrearonse na Liga gañando 4-0 . Boa parte do equipo está formado por alumnado do noso centro. Xogaron; Breixo, Carlos, Gerard e Leo. NORABOA RAPAZADA!!!!
mércores, 29 de xaneiro de 2025
PROGRAMA XOGADE CURSO 24-25
O alumnado de 3º e 4º de Corvillón ( Cambados) visitounos o martes 28 de xaneiro para compartir xogos e deporte connosco. Fixemos baloncesto, minibalomán, dachball, xadrez, xogos de madeira e fútbol sala.Merendamos todos xuntos e finalizamos tamén con uns xogos de relax e volta a calma todos/as.
Se escaneades o seguinte CÓDIGO QR, podedes ver un reel de algo que fixemos ese día ( instagram CEIP TORRE ILLA)
...................................................................................................................................................................
Hoxe 29 de xaneiro o alumnado de 6ºA-B desprazáronse co profe Manu e Diego ao CEIP VIÑAGRANDE (Deiro) onde participaron nunha nova xornada de XOGADE. A continuación podedes ver unhas fotiños do ben que o pasaron facendo deporte e coñecendo a compis de outros coles ...
.............................................................................................................





































.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)






