domingo, 23 de marzo de 2025

Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-3-2025

   O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO) xogou na Escola de Pau contra un gran rival e terceiro clasificado na Liga Galega ata o momento. O Dorna Vengarco  xogou apretando cada unha das súas partidas, non dándolle respiro ao rival que a priori e vendo o elo inicial sospeitabase que ía ser unha loita difícil. O Dorna Vengarco tras un gran esforzo e compromiso logrou vencer ao Xadrez Breogán ( o Grove) por 2,5-1,5 . Resultado  que lle permite escalar ata o  2º posto de Primeira División do grupo C  . Fantástico!!!!!! 

Xogaron: Alberto ( Pichón), Sergio Otero, Carlos Chaves e Álvaro Fernández .




.......................................................................................................................

O equipo de segunda capitaneado polo profe Toño  tamén xogou en casa ( Escola de Pau) .  Tocábanos xogar contra o Xadrez Cum Laude , un rival a priori moito máis experimentado ao que lle plantamos cara. O resultado final foi de 3-1 para o Dorna Vengarco B. Fabuloso ver a rapazada xogando as súas partidas superconcentrados e loitando ata o final!!!!! Moi ben rapaces!!!!.

 Nesta ocasión xogaron : Toño,  Bran Gómez, Carlos Oubiña e Leo Padín

( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos de encontro)

Con éste resultado  seguimos mantendo un moi bo posto na clasificación xeral, se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!




  


........................................................................................................................................

O equipo de 3ª División  descansou nesta xornada. Podendo algún dos seus integrantes  ascender e xogar co equipo de segunda división. Un premio polo seu esforzo e ganas de mellorar día a día.Seguimos aprendendo e mellorando. Moi ben rapazada!!!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario