luns, 13 de febreiro de 2023

DÍA MUNDIAL DA RADIO ( Radio Carcamán- Ceip Torre Illa) . O 13 de febreiro 2023. PONTE NAS ONDAS

 

Para celebrar o día mundial da Radio unha representación de 12 alumn@s de 6º de ED. Primaria do Ceip Torre Illa, colaboradores de RADIO/TV CARCAMÁN e 2 mestres desprazámonos ata Radio AROUSA ( CADENA SER), en Vilagarcía para coñecer como é unha radio profesional e tivemos a oportunidade de participar en directo no programa HOY POR HAY AROSA !!! Moitas Grazas a Montse e a Eloy pola súa amabilidade, coñecimos, aprendemos, debatimos e sobre todo desfrutamos dunha experiencia única que seguramente repetiremos nun futuro!!!





 







venres, 3 de febreiro de 2023

O ALUMNADO DE 2º FÍXONOS UN REGALIÑO PARA O PAVILLÓN

 O alumnado de 2º  pensou e reflexionou sobre a Paz e a non violencia  e quixo facernos dúas pancartas onde nos explican o que se pode facer  e o que non no pavillón.

Xa sabedes  e compre lembrar que os xogos e os deportes son para que tod@s xuntos o pasemos moi ben durante o tempo dos recreos. Se tod@s xogamos e participamos pasarémolo moitísimo mellor, estando todos máis felices e contentos.

Moitas grazas alumnado de 2º, colocaremos as 2 pancartas nun lugar ben visible do pavillón.


           "UN PARTIDO SEN PROBLEMAS  É  UN MOI BO PARTIDO!!!!