Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 20-21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 20-21. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de xuño de 2021

VOLTAMOS EN SETEMBRO...

 

Rematamos éste curso escolar tan atípico, a desfrutar do verán rapazada. Vémonos en setembro coas pilas ben cargadas...




xoves, 17 de xuño de 2021

ANDAINA E XOGOS PRAIA CABODEIRO 1ºA-1ºB

 Boas rapazada. A continuación podedes ver uns vídeos da andaina e xogos que fixemos no cabodeiro.

Esperamos que vos gusten. Un saúdo






sábado, 12 de xuño de 2021

ANDAINA, XOGOS, MERENDA, ECLIPSE E VOLTA AO COLE 2ºA-2ºB

 Boas rapazada, volvemos a continuar coas nosas andainas, xogos e ademáis eclipse incluído. A continuación podedes ver 2 vídeos coa actividade que fixemos.  Ben feito !!!!

 


 

 


 

luns, 7 de xuño de 2021

DIA DO MEDIOAMBIENTE ( Ed. Infantil e 1ºA, 1ºB)

 O alumando de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria foron os encargados de traballar a conmemoración do Día do Medioambiente, facendo unha saída á praia para facer unha limpeza e mostrarnos palabras relacionadas co coidado do noso planeta.

Facede clic na imaxe para ver o fantástico vídeo... 



venres, 4 de xuño de 2021

ANDAINA E XOGOS NA PRAIA DE CABODEIRO 2ºA-2ºB

 Eiquí podedes ver uns pequeniños vídeos da ANDAINA E XOGOS que fixemos co alumnado de 2ºA e 2ºB...









Ben feito rapazada!!!!

venres, 21 de maio de 2021

ANDAINAS E XOGOS NA PRAIA DO CABODEIRO (3ºA-3ºB)

 Hoxe por fín puidemos desfrutar do deporte ao aire libre (Praia do Cabodeiro).

Fixemos unha pequena andaina e logo uns xogos na praia. Seguro que levástedes area para a casa, pero tamén o pasamos moi ben facendo exercicio físico ao aire libre!!!!

A continuación podedes ver os vídeos co que fixemos ese día!!!



      3ºA
    .............................................



 3ºB
  .........................................

                                          ANDAINAS EN RELIVE (Fai clic nos seguintes enlaces)

-----------------------------------------


ENLACE 3ºA

Échale un vistazo a Paseo increíble en Relive!



ENLACE 3ºB

¡Échale un vistazo a Paseo divertido en Relive! 





mércores, 19 de maio de 2021

PROXECTO EDUCACIÓN VIAL - SINAIS DE TRÁFICO e CIRCUITO DE ED. VIAL - 3ºA e 3ºB

 

A continuación podedes ver un par de vídeos de mostra con 2 das actividades que levamos a cabo co alumnado de 3º A e 3ºB. Tanto as vosas titoras María, Belén e eu mesmo esperamos que vos gusten!!!

A desfrutar












sábado, 15 de maio de 2021

EXCELENTE PROPOSTA DA "ANPA -OS GOLFIÑOS-CEIP TORRE ILLA-

 Dende a ANPA -OS GOLFIÑOS - CEIP TORRE ILLA propóñenvos a seguinte actividade que está xenial para celebrar as Letras galegas deste ano e para seguir coñecendo expresións, palabras ou frases fermosas da Arousa e de Galicia... A participar rapazada que vós sabedes moito!!!!

Se facedes clic na imaxe iredes directamente ao enlace coa proposta....

 



 

luns, 10 de maio de 2021

martes, 27 de abril de 2021

CO BO TEMPO... ANDAINAS do CEIP TORRE ILLA!!!


Para celebrar o 28 de Abril ( día da EF na rúa)
saimos pola nosa contorna a facer un pouco de deporte.
En vindeiras semanas seguiremos coa actividade!!!!


 

sábado, 24 de abril de 2021

EDUCACIÓN VIAL ( VALORES 3ºB ).

 Eiquí podedes ver algunha das actividades que fixemos para traballar a ED. VIAL...





TRABALLO SOBRE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (3ºB)


 Eiquí tedes un pequeno vídeo de todo o traballiño que fixéstedes ( Busca de información, presentación de traballo e breve explicación aos compañeiros/as). Desta vez se tedes gafas de realidade virtual podedes ver o vídeo en vivo e en directo, como se estivérades alí... A desfrutalo!!!



mércores, 21 de abril de 2021

LIMPEZA DE PRAIAS (PROXECTO PLANCTON)

 Boa parte do alumnado do CEIP TORRE-ILLA desprazámonos ata os areais próximos ao cole para axudar na recollida de lixo que asolaga as praias e areais. 

O alumnado de 3º A  e 3º B recolleron sobre uns 100kg de  lixo e que puidemos comprobar ao pesalo no peirao. Gran traballo rapazada!!! 


                             


       













luns, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Fai clic na imaxe para acceder a actividades  e recursos variados  moi chulos 
relacionadas co día do libro (BIBLIOTECA).
 
 

sábado, 10 de abril de 2021

Día Mundial da saúde (7 de Abril)

                                        

                                         Consellos de saúde para tod@s









domingo, 7 de marzo de 2021

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

 Dende EFTORREILLA queremos contribuír a éste  día lembrando as mulleres deportistas da nosa terra

. Galicia!!! Fai clic no seguinte genially...
saúdos!!