martes, 14 de abril de 2020

AVISOS XERAIS e ORGANIZACIÓN BÁSICA DO BLOGUE EFTORREILLA!!!

Debido a que o chamado ESTADO DE ALARMA se vai alongar creo convinte explicarvos de xeito moi breve o funcionamento do blogue , sobre todo durante éste terceiro trimestre e daquelas materias que eu imparto:

Tanto en Valores Sociais e Cívicos como en CC Da Natureza irei subindo tarefas na medida do posible os Luns de cada semana, sempre coa idea de facilitarvos o voso traballo na medida do posible xa que así teredes todo máis concreto e podendo realizalo cando poidades durante a semana respectiva.
Na materia de Educación Física     está programado e pensado para facer durante 15 días, e tamén o tendes separado por semanas e cursos para que vos organicedes mellor. Nas vindeiras semanas intentarei ser máis concreto nos xogos e actividades propostas sempre coa finalidade de que lle poidades sacar o máximo partido.

Xa sabedes que tendes a vosa disposición o email para o que necesitedes ( Comentarios, suxerencias para mellorar o blogue, e diferentes cuestións que consideredes relevantes...):

eftorreilla@gmail.com

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E ESTAMOS EN CONTACTO

................................................................................

Para facilitarvos a comunicación de xeito instantáneo con eftorreilla@gmail (PROFE TOÑO)  tedes activado dende hoxe un pequeno formulario dende o que podedes enviar algunhas tarefas, facer preguntas, suxerencias, etc.
LEMBRADE POÑER : Nome de alumno/a, o voso email e a mensaxe.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario