luns, 24 de febreiro de 2020

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA ( RAP ROSALIANO 2020)

Hoxe celebramos o día de ROSALÍA con 2 RAPS ROSALIANOS... 
Un de ANDRÉ 2ºB en solitario e outro toda a clase de 2ºB XUNTOS.   Esperamos que vos guste...
SAÚDOS


...............................................


QUE VIVA ROSALÍA!!!

domingo, 23 de febreiro de 2020

ENTROIDO NO CEIP TORRE ILLA 2019-2020

A Illa de Arousa tinguiuse de cor, música, alegría e de superheroes e superheroínas para celebrar o carnaval...


CON ENERXÍAS NOVAS...

sábado, 22 de febreiro de 2020

CROSSFIT CO PAPÁ DE DANIELA ( 1ºB) - AULA DE ALICIA

Hoxe tivemos a oportunidade de desfrutar dunha clase de Crossfit adaptada grazas ao pai de Daniela de 1ºB.
Puidemos probar con algunha pesa, subir a corda, facer algunha viravolta con asas, burpees,... 
Un deporte cada vez máis coñecido e que engloba: Forza, coordinación, equilibrio, esforzo, intensidade,... axudándonos a estar máis saudables e felices.
Moitas grazas, encantounos!!!





Se algún video non vai fai clic nos seguintes enlaces:










UN POUCO DE CROSSFIT!!!!


qué é crossfit?













ELISA COAS SÚAS MEDALLAS DE XIMNASIA (2ºB)

Hoxe Elisa trouxonos unhas cantas medallas de ximnasia que foi gañando nestes anos. Eiquí podedes ver un par de fotos con elas.





Experimento de CC DA NATUREZA ( H20 LARANXA)

Hoxe Elisa trouxonos un cartel  expositor que fixo na casa para explicarnos un  experimento que fixera o fin de semana. Encantounos e creemos que merecías que ese traballo se vira no blogue. Bo traballo








PAULA COA SÚA MEDALLA DE XIMNASIA (3ºA)

Hoxe Paula de 3ºA trouxo unha das medallas que máis cariño lle ten . Conseguiuna en ximnasia rítmica. Noraboa campiona



martes, 18 de febreiro de 2020

PROXECTO ALIMENTACIÓN DE 1ºA e 1ºB!!!

O alumnado de 1º A e 1ºB  e as súas mestras (Mila e Alicia) realizaron un proxecto de investigación sobre a alimentación e a cantidade de azúcar que podemos atopar naqueles alimentos máis habituais. Nalgúns casos  resulta sorprendente a cantidade de azucre que conteñen algúns alimentos e que a priori poderíamos pensar que apenas conteñen. A continuación podedes ver unhas fotos da exposición no corredor. Xenial traballo!!!!





BICICLETAS E OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE!!!! Non te poñas límites...


O día 12 de febreiro acompañounos María (nai de Gael e Ainara) para darnos unha pequena charla que tiña a bicicleta como medio de transporte . Encantounos descubrir que existen múltibles bicicletas para diferentes persoas, xa que todos somos diferentes.
O importante é 
NON POÑERSE LÍMITES, DISFRUTAR DO DEPORTE E SER FELIZ!!!




martes, 11 de febreiro de 2020

CLASE DE PILATES (MARÍA E PAULA) . 1ºA e 1ºB

Hoxe tivemos a oportunidade con dúas profes excepcionais  que nos ensinaron unha pequena parte do seu traballo. Déronnos unha clase práctica de pilates. Encantounos, moitísimas grazas.
A continuación podedes ver unhas fotos do momento...


Pincha no seguinte enlace ENLACE para ver outras fotiños e un pequeno vídeo.



VERO BOQUETE DE VISITA NA NOSA ESCOLA!!!!! 6-2-2020

Hoxe grazas as xestións da  nosa compañeira Alicia (1ºB) puido visitarnos a xogadora de fútbol feminino e capitana da selección española feminina VERO BOQUETE. Todos estabamos cunha enorme ledicia xa que puidemos: entrevistala, dar uns toques, facernos fotos e incluso nos firmou un balón e tamén varios autógrafos.
A súa visita valeunos para reflexionar do dificil que é para unha muller abrirse camiño no fútbol (considerado malamente deporte de homes) , dende que era pequena ata a actualidade e como ten moi claro que despois do fútbol ten que facer algo coa súa vida e debe seguir estudando e preparándose para así adicarse ao que lle gusta.
Educación, igualdade, esforzo, traballo... moitos dos valores que nos transmitiu en vivo.
Dende eiquí so podemos desexarche moitos éxitos na túa carreira deportiva e no persoal que sigas sendo como puidemos comprobar o outro día, unha gran persoa!!!
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!





  

 

 



FÚTBOL CHINO COA MESTRA EN PRÁCTICAS PAULA ( 2ºA)

Hoxe tivemos a sorte de contar coa mestra en prácticas Paula que nos fixo un par de xogos. Eiquí podemos ver un pequeno vídeo de como os nenos e nenas de 2ºA desfrutan co fútbol chino!!!!
BRAVO!!!!





luns, 10 de febreiro de 2020

TRANSPLANTAMOS A MACETA (2ºB) CC. DA NATUREZA

Dende a área de CC da Natureza puidemos comprobar como as semillas que fomos plantando foron xerminando e entón chegou o momento de transplantalas a un testo máis grande. Eiquí podemos ver unhas fotos de todo o proceso.

PLANTAMOS NO TESTO (CC. NATUREZA) 2ºB





SEGUIMOS COAS PISTAS!!!

O alumnado de 1º e as súas mestras seguen buscando pistas a ver se conseguimos adiviñar máis información sobre a superheroína e o superheroe que necesitan urxentemente recuperar os seus superpoderes.





sábado, 8 de febreiro de 2020

DESFRUTANDO DOS CONTOS COA NOSA COMPAÑEIRA FÁTIMA VILLAMEL!!!!

A nosa compañeira Fátima explicounos como se len os contos nos fíos e obsequiounos  con un par deles que nos encantaron. 
Moitas grazas, cando queiras podes repetir!!!