Hoxe grazas as xestións da nosa compañeira Alicia (1ºB) puido visitarnos a xogadora de fútbol feminino e capitana da selección española feminina VERO BOQUETE. Todos estabamos cunha enorme ledicia xa que puidemos: entrevistala, dar uns toques, facernos fotos e incluso nos firmou un balón e tamén varios autógrafos.
A súa visita valeunos para reflexionar do dificil que é para unha muller abrirse camiño no fútbol (considerado malamente deporte de homes) , dende que era pequena ata a actualidade e como ten moi claro que despois do fútbol ten que facer algo coa súa vida e debe seguir estudando e preparándose para así adicarse ao que lle gusta.
Educación, igualdade, esforzo, traballo... moitos dos valores que nos transmitiu en vivo.
Dende eiquí so podemos desexarche moitos éxitos na túa carreira deportiva e no persoal que sigas sendo como puidemos comprobar o outro día, unha gran persoa!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario