luns, 26 de febreiro de 2024

INFORMATIVO ESPECIAL 6º ( Día de Rosalía. 23 de febreiro )

 

 A continuación podedes escoitar o directo e especial informativo do día 23 DE FEBREIRO ( Día do nacemento da escritora e poeta Rosalía de Castro)

Esperamos que desfrutedes con éste traballiño que nos prepararon o alumnado de 6º. Saúdos

xoves, 8 de febreiro de 2024

ENTROIDO ( Os Liboriños do Torre Illa)



  Continuamos cos diferentes obradoiros nas diferentes aulas para traballar a figura dos Liborios na Arousa, para evitar que non se perda ésta figura tan importante e vencellada ao entroido na zona.

Aí van unhas imaxes  do traballiño feito nestos días previos  e o resultado!!! 

Moi bo traballo rapazada!!!!







 


Grazas por seguindo mantendo vivas as tradicións!!!!!

luns, 5 de febreiro de 2024

Charla - coloquio con Ramón Otero Oubiña ( Meteorólogo local por afección- CHUVILLA)

 Hoxe tivemos a visita de Ramón Otero Oubiña  que nos falou de varios instrumentos de medida, sobre todo o pluviómetro . Puidonos ensinar a páxina web que fixo o seu fillo coa súa colaboración . Tamén nos ensinou dous pluviómetros e o seu funcionamento ( un manual e outro automático). Explicounos cando comezou con esta afección e falounos da importancia da auga nas nosas vidas e como coidala e non malgastala. Tamén puidemos ver a relación  e influencia que ten a auga  e a cantidade de auga que cae co clima e cos sectores productivos.

A continuación poñemos unhas fotografías da charla-  coloquio co noso alumnado de 2ºA-B. 

Moitas grazas por vir Ramón e por contarnos todo tan fácil.







Grazas!!!!