Hoxe tivemos a visita de Ramón Otero Oubiña que nos falou de varios instrumentos de medida, sobre todo o pluviómetro . Puidonos ensinar a páxina web que fixo o seu fillo coa súa colaboración . Tamén nos ensinou dous pluviómetros e o seu funcionamento ( un manual e outro automático). Explicounos cando comezou con esta afección e falounos da importancia da auga nas nosas vidas e como coidala e non malgastala. Tamén puidemos ver a relación e influencia que ten a auga e a cantidade de auga que cae co clima e cos sectores productivos.
A continuación poñemos unhas fotografías da charla- coloquio co noso alumnado de 2ºA-B.
Moitas grazas por vir Ramón e por contarnos todo tan fácil.
Grazas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario