martes, 31 de marzo de 2020

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA (PARA 1º, 2º e 3º) Do 31-3-2019 ao 12-4-2020)

Bos días rapaces/as, nestes próximos días propóñovos unha serie de actividades, tarefas e xogos que podedes ir facendo pouco a pouco.
Como nestas primeiras semanas non fixemos apenas exercicios, nesta van unhas cantas propostas para que levedes a cabo na casa. 
Asi que a mover eses corpiños...!!!
Nestos días podedes facer o seguinte dependendo do curso no que estedes:

PARA 1ºAB e 2ºAB:

A) É ben coñecido por todos que a actividade física aporta moitos beneficios a saúde, pero nestes momentos resulta imprescindible que os nenos e nenas teñan algún momento para poder realizar exercicio. Tendo en conta a imposibilidade de saír a rúa e a limitación de espacio e material propoñemos unha actividade de “Ioga”. Unha disciplina que aporta beneficios tanto ao corpo como a mente.

A través do Ioga os nenos/as exercitan a súa respiración e aprenderán a relaxarse, algo que lles axudará a superar esta situación de estrés. (Puidemos comprobalo na clase maxistral que nos deron MARÍA e PAULA)
Realizarán a mesma rutina 2-3 veces e, se o desexan, poden gravar a última sesión. As “clases” teñen unha duración de 18:26 minutos, só é preciso unha estirilla (colchoneta ou alfombra antideslizante) e un soporte donde reproducir o video. Aínda que se pode realizar a calquera hora do día, o ideal é pola mañá, preferiblemente non ter inxerido sólido dúas horas antes. Despois da actividade realizaremos a rutina de aseo.

Procuraremos que estean concentrados (nun lugar silencioso) e cómodos (roupa lixeira). Podendo acompañar esta actividade o resto de membros da familia.

O enlace é o seguinte 

CLASE IOGA

............................................................................................................................................................
B) Practicamos unha coreografía e aprendemos a canción (moi sinxela):

DANCE BABY SHARK

......................................................................................................................................................
C) Exercicios de tren superior:

EXERCICIOS DE BRAZOS E COLO



......................................................................................................................................................................
PARA 1ºAB,2ºAB e 3ºAB

Eiquí tedes a OCA de EF,  podedes ata personalizala e axustala as vosas posibilidades e condición física, asi que... A XOGAR!!!!




 Agora xa podedes aprender os puntos dunha muiñeira da man de Luis Prego para poñer en práctica cando nos vexamos nas festas e foliadas. Movemento!
FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE:

PUNTOS DUNHA MUIÑEIRA

................................................................................................................................................................
Un pouco de entreno para eses corpos: 

ENTRENAMENTO FUNCIONAL DE NENOS/AS

................................................................................................................................................................
Intenta facer este baile  tal e como eles o fan...

Despacito (Zumba kids)

...................................................................................................................................................................

Recopilación de Xogos Populares e Tradicionais para éstes días:

XOGOS VARIADOS CORENTENA


.................................................................................................................................................................

PARA 3º :



................................................................................................................................................................
Moito ánimo e grazas pola vosa colaboración!!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN EN VALORES 2ºA e 2ºB (31-3-2020 a 12-4-2020)

Bos días familias nesta entrada seguiremos traballando con EDUCACIÓN EN VALORES.

Antes de comezar quero recordárvos unha actividade que vos vai axudar a relaxarvos debuxando un pouco e "step by step" nos propón a teacher Olalla dende o seu blogue; botádelle un ollo e animádevos a facela, a continuación póñovos o enlace directo:

ACTIVIDADE DEBUXANDO COMO LEANDRO LAMAS (Teacher Olalla)

Ademáis, nesta ocasión e para facilitarvos o traballo póñovos xa os enlaces directos para que poidades ir directamente ao vídeo /corto correspondente...

LEMBRADE QUÉ:
NADA É OBRIGATORIO E NON VAI SER AVALIABLE


Xa sabedes que os vosos fillos/as neste caso:
Poden  ver o vídeo/corto correspondente (1, 2 ou 3 veces se o necesitasen), facer un breve resumo do mesmo de xeito oral, para demostrar que comprenderon o que leron e logo farán un pequeno debuxo representativo do mesmo. 
Podedes envialo escaneado ou unha foto feita co móbil (se queredes ver o voso traballo no blog) a: eftorreilla@gmail.com. 
Os cortos/ vídeos serían os seguintes: 
(AS DATAS SON ORIENTATIVAS)
  1. LOLO, UN CONEJO DIFERENTE  (31-3-2020)
  2. EL VALOR DEL ESFUERZO DIARIO  (2-4-2020)
  3. QUÉ ES EL CORONAVIRUS?                          
  4. GRACIAS A TODOS LOS SUPERHÉROES DEL CORONAVIRUS
  5. TRABAJO EN EQUIPO PINGÚINOS, HORMIGAS Y CANGREJOS       (Los 3 vídeos el 7-4-2020 celebrando el DÍA MUNDIAL DE LA SALUD)
  6. IDENTIFICAR EMOCIONES (9-4-2020)
Moitísimas grazas pola súa colaboración e moitos ánimos!!!!


PROPOSTA DE ACTIVIDADES CC DA NATUREZA (2ºA E 2ºB) (Do 31-3-2020 ao 12-4-2020)


Bos días chicos/as:
Nestas 2 semanas vamos a seguir REPASANDO.
Teño que lembrarvos que este material  e traballos que vos vou subindo é para que vaiades mirando pero sen agobios 
LEMBRADE QUÉ:
NADA É OBRIGATORIO E NON VAI SER AVALIABLE
 para que desfrutedes  lembrando cousas que xa  traballamos nestes días dun xeito diferente, podedes elixir entre todo o que vos enviamos o que máis vos guste.

No blogue da profe Belén : http://profedegarda.blogspot.com/
poderedes atopar éstes e outros vídeos e actividades interesantes dun xeito máis estruturado para ir facendo cando poidades.



Dende 31-3-2020 ata o  12-4-2020 podedes facer o seguinte:

1.Ver os vídeos sobre éstes contidos que vos axudarán a entender mellor  conceptos que xa traballamos :





2. ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REPASO:
OS ANIMAIS  (EDILIM)

3. Podedes  facer diferentes debuxos sobre os vídeos anteriores  poñéndolle o nome do que corresponda e por detrás poñer algunha  característica  importante:
Por exemplo: Plantas, arbustos, árbores, animais,...

4. Podedes elaborar dúas fichas sobre plantas medicinais, nas que debedes poñer nomes, onde se atopan, para que se pode utilizar e como se prepara para usala. 


EXEMPLO:




Grazas pola súa colaboración e moitos ánimos






















mércores, 18 de marzo de 2020

venres, 13 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA CC DA NATUREZA (2ºA E 2ºB) (Do 16-3-2020 ao 30-3-2020)

Bos días chicos/as:

Dende 16-3-2020 ata o  30-3-2020 podedes facer o seguinte:


  1. Ver os vídeos de happy learning  para repasar sobre:
       LOS MAMÍFEROS  
       AVES         
       RÉPTILES         
 PECES   


2. Facer diferentes debuxos sobre os vídeos anteriores poñéndolle o nome do que corresponda e por detrás poñer as características máis importantes:
Por exemplo: VERTEBRADO/INVERTEBRADO, VIVÍPARO/OVÍPARO, TEN PELO/ESCAMAS/PEL ESPIDA, TEN PETEIRO, RESPIRA POR PULMÓNS/BRANQUIAS, NADA/SALTA/CORRE/DESLIZASE ... etc


Grazas pola súa colaboración 










PROPOSTA PARA EDUCACIÓN FÍSICA (PARA 1º, 2º e 3º) Do 16-3-2019 ao 30-3-2020)

Bos días rapaces/as, nestes días que non nos vamos a ver vamos a traballar a EF dun xeito un pouco diferente; tranquilos dentro de pouco tempo estaremos de volta para mover o corpo tanto como vos gusta.
Así nestos días podedes facer o seguinte dependendo do curso no que estedes:





XOGOS LUDOS 3ºA e 3ºB

se non vos vai algún enlace clicades no seguinte: 
OUTRO ACCESO  
Unha vez ahí pinchades en alumnado e seleccionades curso!!

Podedes incluso probar nos seguintes cursos se credes que sodes capaces.



Podedes ver algún vídeo de minivolei (que é o que estamos traballando agora) ou de street hockey ( ´e o próximo que vamos facer). SÓLO VER. (3ºA e B)


UNIHOCKEY


.......................................................................................................................................................
PARA (1ºAB, 2ºAB E 3ºAB):A maiores de todo isto podedes facer xogos de mesa: tres en raia, xadrez, o muíño,...
Se contades con xardín  ou unha terraza acotada tamén podedes practicar co trompo (TRUCOS CO TROMPO ) e  facer algún exercicio propios de crossfit como:
Abdominais, pranchas, sentadillas usando o mango da vasoira, snachs,  burpees, imitación de remo, box jumps usando un peldaño de escaleira ou similar,... entre outros.
.............................................................................................
Mándovos un vídeo  para que movades o esqueleto neste par de semanas: desfrutade, escoitade, aprendede a coreo e  mandádeme (os/as que queirades) un pequeno vídeo do resultado ao eftorreilla@gmail.com , ánimos...

O PEIXE DE MANOLA


GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN E UN SAÚDO






PROPOSTA PARA EDUCACIÓN EN VALORES 2ºA e 2ºB (16-3-2020 a 30-3-2020)


Bos días familias nesta entrada poñereivos  un enlace ao blog :


 para que os vosos fillos/as fagan o seguinte:


  • Deben ver un corto, respostar as preguntas que aparecen debaixo de cada un deles (de xeito oral) e facer un debuxo representativo do mesmo. (Algúns deles xa os vimos en clase polo que lle resultará fácil contestar as preguntas e facer o debuxo correspondente, podense ver ata dende o móbil)

Os nenos/as xa saben a dinámica posto que levamos facéndoa dende inicio de curso:


  1. EL PRINCIPE CENICIENTO  (17-3-2020)
  2. UNA BLANCANIEVES DIFERENTE (19-3-2020)
  3. SLAP HER  (24-3-2020)
  4. UP (UNA HISTORIA DE AMOR) (26-3-2020)
Grazas pola súa colaboración e un saúdo


luns, 9 de marzo de 2020

8 DE MARZO : PROTEXE OS TEUS DEREITOS

O alumnado de 4º de primaria e as súas mestras  para celebrar o 8 de marzo 
realizaron un pequeno rosco cos dereitos das mulleres. XENIAL!!!!





8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dende o departamento de EF queremos felicitar a todas as mulleres esperando que todos os días do ano sexan o día da muller.










ANXO e as súas medallas ( 3ºA)

Hoxe Anxo trouxonos algunhas das medallas que foi conseguindo nun dos seus deportes favoritos... o fútbol!!!!