martes, 31 de marzo de 2020

PROPOSTA DE EDUCACIÓN FÍSICA (PARA 1º, 2º e 3º) Do 31-3-2019 ao 12-4-2020)

Bos días rapaces/as, nestes próximos días propóñovos unha serie de actividades, tarefas e xogos que podedes ir facendo pouco a pouco.
Como nestas primeiras semanas non fixemos apenas exercicios, nesta van unhas cantas propostas para que levedes a cabo na casa. 
Asi que a mover eses corpiños...!!!
Nestos días podedes facer o seguinte dependendo do curso no que estedes:

PARA 1ºAB e 2ºAB:

A) É ben coñecido por todos que a actividade física aporta moitos beneficios a saúde, pero nestes momentos resulta imprescindible que os nenos e nenas teñan algún momento para poder realizar exercicio. Tendo en conta a imposibilidade de saír a rúa e a limitación de espacio e material propoñemos unha actividade de “Ioga”. Unha disciplina que aporta beneficios tanto ao corpo como a mente.

A través do Ioga os nenos/as exercitan a súa respiración e aprenderán a relaxarse, algo que lles axudará a superar esta situación de estrés. (Puidemos comprobalo na clase maxistral que nos deron MARÍA e PAULA)
Realizarán a mesma rutina 2-3 veces e, se o desexan, poden gravar a última sesión. As “clases” teñen unha duración de 18:26 minutos, só é preciso unha estirilla (colchoneta ou alfombra antideslizante) e un soporte donde reproducir o video. Aínda que se pode realizar a calquera hora do día, o ideal é pola mañá, preferiblemente non ter inxerido sólido dúas horas antes. Despois da actividade realizaremos a rutina de aseo.

Procuraremos que estean concentrados (nun lugar silencioso) e cómodos (roupa lixeira). Podendo acompañar esta actividade o resto de membros da familia.

O enlace é o seguinte 

CLASE IOGA

............................................................................................................................................................
B) Practicamos unha coreografía e aprendemos a canción (moi sinxela):

DANCE BABY SHARK

......................................................................................................................................................
C) Exercicios de tren superior:

EXERCICIOS DE BRAZOS E COLO



......................................................................................................................................................................
PARA 1ºAB,2ºAB e 3ºAB

Eiquí tedes a OCA de EF,  podedes ata personalizala e axustala as vosas posibilidades e condición física, asi que... A XOGAR!!!!




 Agora xa podedes aprender os puntos dunha muiñeira da man de Luis Prego para poñer en práctica cando nos vexamos nas festas e foliadas. Movemento!
FAI CLIC NO SEGUINTE ENLACE:

PUNTOS DUNHA MUIÑEIRA

................................................................................................................................................................
Un pouco de entreno para eses corpos: 

ENTRENAMENTO FUNCIONAL DE NENOS/AS

................................................................................................................................................................
Intenta facer este baile  tal e como eles o fan...

Despacito (Zumba kids)

...................................................................................................................................................................

Recopilación de Xogos Populares e Tradicionais para éstes días:

XOGOS VARIADOS CORENTENA


.................................................................................................................................................................

PARA 3º :



................................................................................................................................................................
Moito ánimo e grazas pola vosa colaboración!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario