Etiquetas
- 1ºA (64)
- 2ºA (94)
- 2ºB (98)
- 3ºA (60)
- 3ºB (56)
- 4ºA CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (1)
- 4ºB CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (2)
- AVISOS XERAIS (1)
- CC SOCIAIS (23)
- CEIP TORRE ILLA (160)
- CONMEMORACIÓNS (25)
- CURSO 19-20 (92)
- CURSO 20-21 (29)
- CURSO 2020-21 (1)
- CURSO 2020-21 CEIP TORRE ILLA (1)
- CURSO 21-22 (21)
- DIA DA EF NA RÚA (1)
- EDLG (12)
- EDUCACIÓN FÍSICA (33)
- EF (23)
- LETRAS GALEGAS 2020 (3)
- LETRAS GALEGAS 2020-21 CEIP TORRE ILLA CURSO 20-21 (1)
- MAGOSTO (1)
- MÚSICA (2)
- REVISTA ESCOLAR. (2)
- VALORES (26)
- xogos (5)
- xogos populares e tradicionais (2)
venres, 24 de decembro de 2021
mércores, 15 de decembro de 2021
BADALADAS E GALA DE FIN DE ANO 2022!!!! ESTREA MUNDIAL
PREPARADOS...
ACHÉGASE O FIN DE ANO ESCOLAR!!
E DENDE CARCAMÁN TV
CHÉGANOS O CARTEL PROMOCIONAL!!
domingo, 12 de decembro de 2021
A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA e ESTATUTO DE AUTONOMÍA (6ºA-6ºB)
O alumnado de 6º amósanos que é a Constitución Española e fixéronno a través do seguinte vídeo...
FAI CLIC NA IMAXE OU NO VÍDEO...
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 DE DECEMBRO)
O día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O alumnado de segundo é o encargado de traballar esta celebración. Fixeron este vídeo para amosar a discapacidade dalgunhas persoas célebres e coñecidas por todos eles e elas.
FAI CLIC NA IMAXE PARA VER O VÍDEO...
venres, 26 de novembro de 2021
domingo, 21 de novembro de 2021
ENTREVISTA SABELA NÚÑEZ SIGALA "O AGASALLO DE ANYA"
Éste venres tivemos a oportunidade de poder entrevistar a Sabela Núñez Singala. Foron 4 os entrevistadores que tiveron a sorte de poder facerlle unha breve entrevista na nosa radio, RADIO CARCAMÁN E CARCAMÁN TV.
A continuación podedes ver a entrevista...
martes, 16 de novembro de 2021
domingo, 14 de novembro de 2021
COÑECEMOS MÁIS MINERAIS E ROCHAS!!! (CC SOCIAIS 4ºB)
Grazas a mestra Mila e a profe Belén que nos emprestaron unhas caixiñas con diferentes minerais e rochas para seguir aprendendo moito con eles...
Moitas grazas!!!
venres, 12 de novembro de 2021
xoves, 11 de novembro de 2021
ENTREVISTA RADIO CARCAMÁN e CARCAMÁN TV (ALBA ALONSO FEIJOO)
Hoxe tivemos a oportunidade e a sorte de poder entrevistar a Alba Alonso Feijoo. Un pracer escoitala e poder reflexionar de moitas actitudes e prexuízos que todes temos ; pero que todes podemos cambiar e axudar para acadar unha igualdade real!!!
A continuación podedes ver a entrevista que se lle fixo en Carcamán TV.
martes, 9 de novembro de 2021
domingo, 7 de novembro de 2021
EXPERIMENTO VOLCÁN 4ºB ( Coa axuda inestimable de BELÉN)
VÍDEO CO EXPERIMENTO CONSTRÚO O MEU VOLCÁN!!!!
sábado, 6 de novembro de 2021
PROXECTO IGUALDADE- ANPA GOLFIÑOS (Charlas, obradoiros, coloquios e reflexións para cambiar o mundo!!)
Dende a ANPA GOLFIÑOS estase promovendo éste fantástico proxecto que inflúe moi positivamente en toda a comunidade educativa.
Durante unhas semaniñas temos a sorte de contar con Alba Alonso Feijoo
(Doutora en Filoloxía inglesa e Máster en “Estudios Ingleses Avanzados”. Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogs educativos, revistas dixitais…) e escribe no blog Realkiddys.
Algúns dos seus libros: “Carla no es Carla, sino Carlos” y “Martin is the best”.
xoves, 4 de novembro de 2021
luns, 1 de novembro de 2021
sábado, 30 de outubro de 2021
O SAMAÍN 2021-22 CEIP TORRE ILLA
Eiquí podedes ver un pequeno vídeo sobre o SAMAÍN deste ano no noso cole, esperamos que vos guste...
luns, 25 de outubro de 2021
LIBRIA VISITOU INFANTIL!!!
Libria voltou a visitarnos, neste caso a Educación Infantil.
Fai clic ou escanea o seguinte código qr, para acceder ao enlace ( noticia) dende a Biblioteca do Ceip Torre-Illa...
martes, 19 de outubro de 2021
CLASIFICAMOS ROCHAS E MINERAIS- CC SOCIAIS- 4ºB
Eiquí podedes ver o resultado do traballiño que fixemos clasificando diferentes rochas e minerais que fostes traendo.
Gran traballo rapazada!!!
luns, 18 de outubro de 2021
EXPERIMENTO "CONSTRÚO O MEU VOLCÁN"
ÉSTA ACTIVIDADE É VOLUNTARIA, NON É OBRIGATORIA!!
Eiquí podedes ver un pequeno vídeo do material e proceso que debedes seguir para facer o voso propio volcán.
Ésta é unha actividade que podedes facer individualmente, en parellas ou un pequeno grupo de amigos/as de clase. Lembrade de sacar fotos do proceso ou facer un pequeno vídeo. Despois metédelo nun pendrive, traédelo ao cole e subímolo ao blogue!!!
Ánimo rapazada!!!
martes, 12 de outubro de 2021
domingo, 10 de outubro de 2021
BENVIDA LIBRIA !!!!
O Venres Libria visitou o cole e algunhas clases para repartir carnés da biblioteca e máis para ver ao alumnado que xa botaba de menos.
se facedes clic en LIBRIA accederedes a entrada no Blogue da BIBLIOTECA...
venres, 8 de outubro de 2021
xoves, 7 de outubro de 2021
Retirada de un grande PAU GASOL
Hoxe retirase un grande... Gran xogador, gran compañeiro, gran persoa, gran amigo, gran pai e moi bo representante dos valores do deporte. Grazas Pau, polo que fixeches e polo que seguro que vas a facer a partir de agora, nesta nova etapa👍💪✌🥑
luns, 4 de outubro de 2021
UN VIAXE AO CENTRO DA TERRA e A EROSIÓN (VÍDEOS)
sábado, 2 de outubro de 2021
AS CAPAS DA TERRA: XEOSFERA
VÍDEO EXPLICATIVO SOBRE AS CAPAS DA TERRA...
domingo, 26 de setembro de 2021
luns, 6 de setembro de 2021
xoves, 22 de xullo de 2021
mércores, 23 de xuño de 2021
VOLTAMOS EN SETEMBRO...
Rematamos éste curso escolar tan atípico, a desfrutar do verán rapazada. Vémonos en setembro coas pilas ben cargadas...
luns, 21 de xuño de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN! Libria
DEnde o equipo da biblioteca envíannos unhas recomendacións para o verán. Fai clic na seguinte imaxe para velas ...
xoves, 17 de xuño de 2021
ANDAINA E XOGOS PRAIA CABODEIRO 1ºA-1ºB
Boas rapazada. A continuación podedes ver uns vídeos da andaina e xogos que fixemos no cabodeiro.
Esperamos que vos gusten. Un saúdo
sábado, 12 de xuño de 2021
ANDAINA, XOGOS, MERENDA, ECLIPSE E VOLTA AO COLE 2ºA-2ºB
Boas rapazada, volvemos a continuar coas nosas andainas, xogos e ademáis eclipse incluído. A continuación podedes ver 2 vídeos coa actividade que fixemos. Ben feito !!!!
luns, 7 de xuño de 2021
DIA DO MEDIOAMBIENTE ( Ed. Infantil e 1ºA, 1ºB)
O alumando de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria foron os encargados de traballar a conmemoración do Día do Medioambiente, facendo unha saída á praia para facer unha limpeza e mostrarnos palabras relacionadas co coidado do noso planeta.
venres, 4 de xuño de 2021
ANDAINA E XOGOS NA PRAIA DE CABODEIRO 2ºA-2ºB
Eiquí podedes ver uns pequeniños vídeos da ANDAINA E XOGOS que fixemos co alumnado de 2ºA e 2ºB...
martes, 1 de xuño de 2021
venres, 21 de maio de 2021
ANDAINAS E XOGOS NA PRAIA DO CABODEIRO (3ºA-3ºB)
Hoxe por fín puidemos desfrutar do deporte ao aire libre (Praia do Cabodeiro).
Fixemos unha pequena andaina e logo uns xogos na praia. Seguro que levástedes area para a casa, pero tamén o pasamos moi ben facendo exercicio físico ao aire libre!!!!
A continuación podedes ver os vídeos co que fixemos ese día!!!
mércores, 19 de maio de 2021
PROXECTO EDUCACIÓN VIAL - SINAIS DE TRÁFICO e CIRCUITO DE ED. VIAL - 3ºA e 3ºB
A continuación podedes ver un par de vídeos de mostra con 2 das actividades que levamos a cabo co alumnado de 3º A e 3ºB. Tanto as vosas titoras María, Belén e eu mesmo esperamos que vos gusten!!!
A desfrutar
RECURSOS DE XELA ARIAS (Equipo de Biblioteca Ceip Torre Illa)
Se facedes clic no seguinte enlace accederedes aos recursos que nos propoñen dende a Biblioteca...
RECURSOS XELA ARIAS (LETRAS GALEGAS 2020-21 ) BIBLIOTORREILLA
sábado, 15 de maio de 2021
EXCELENTE PROPOSTA DA "ANPA -OS GOLFIÑOS-CEIP TORRE ILLA-
Dende a ANPA -OS GOLFIÑOS - CEIP TORRE ILLA propóñenvos a seguinte actividade que está xenial para celebrar as Letras galegas deste ano e para seguir coñecendo expresións, palabras ou frases fermosas da Arousa e de Galicia... A participar rapazada que vós sabedes moito!!!!
Se facedes clic na imaxe iredes directamente ao enlace coa proposta....
xoves, 13 de maio de 2021
luns, 10 de maio de 2021
Dicionario "O que o Carcamán di"
REGURSOS XELA ARIAS . LETRAS GALEGAS 2020- 2021 (EDLG TORRE ILLA)
No seguinte enlace tedes diferentes recursos (de todo tipo) para traballar a figura da homenaxeada deste ano...
Fai clic AQUÍ
sábado, 1 de maio de 2021
STOP BULLYING!!!- 2 DE MAIO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (Alumnado de 6º)
Fantástico traballo de mestres e alumnado de 6º de Primaria...
Facede clic no enlace para velo...
martes, 27 de abril de 2021
CO BO TEMPO... ANDAINAS do CEIP TORRE ILLA!!!
sábado, 24 de abril de 2021
EDUCACIÓN VIAL ( VALORES 3ºB ).
Eiquí podedes ver algunha das actividades que fixemos para traballar a ED. VIAL...
TRABALLO SOBRE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (3ºB)
Eiquí tedes un pequeno vídeo de todo o traballiño que fixéstedes ( Busca de información, presentación de traballo e breve explicación aos compañeiros/as). Desta vez se tedes gafas de realidade virtual podedes ver o vídeo en vivo e en directo, como se estivérades alí... A desfrutalo!!!
mércores, 21 de abril de 2021
LIMPEZA DE PRAIAS (PROXECTO PLANCTON)
Boa parte do alumnado do CEIP TORRE-ILLA desprazámonos ata os areais próximos ao cole para axudar na recollida de lixo que asolaga as praias e areais.
O alumnado de 3º A e 3º B recolleron sobre uns 100kg de lixo e que puidemos comprobar ao pesalo no peirao. Gran traballo rapazada!!!