Amosando publicacións coa etiqueta EDLG CURSO 21-22 CEIP TORRE ILLA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDLG CURSO 21-22 CEIP TORRE ILLA. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de febreiro de 2022

Grande inauguración RECUNCHO DE ROSALÍA

 Boas rapazada. 






Éste mércores aló sobre as 10:00 da maña o alumnado de Ed. Infantil vai inaugurar o primeiro de moitos recunchos que temos pensado plasmar polo cole. Comezamos con Rosalía de Castro. Profesorado e alumnado traballaron a reo para ter o mural listo para ese día.  Ése día vai ser un gran día para lembrar a Rosalía   de Castro e a tod@s os galegos e galegas que nalgún momento tiveron que emigrar  para intentar buscar unha vida mellor. 

Logo da celebración farase un vídeo- conmemorativo do traballo que se fixo e das actividades dese día grazas a Carcamán Tv daráselle difusión na súa canle de youtube, para que o resto do mundo teña acceso a todo o que se realizou👍👍


sábado, 6 de novembro de 2021

PROXECTO IGUALDADE- ANPA GOLFIÑOS (Charlas, obradoiros, coloquios e reflexións para cambiar o mundo!!)

 Dende a ANPA GOLFIÑOS estase promovendo éste fantástico proxecto que inflúe moi positivamente en toda a comunidade educativa.

Durante unhas semaniñas temos a sorte de contar con  Alba Alonso Feijoo 

(Doutora en Filoloxía inglesa e Máster en “Estudios Ingleses Avanzados”. Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogs educativos, revistas dixitais…) e escribe no blog Realkiddys.

Algúns dos seus libros: “Carla no es Carla, sino Carlos” y “Martin is the best”.


Alba estivo coa nosa 
"Libriña" ensinándolle uns contos e firmando uns exemplares para a biblioteca do centro.
fixádevos que cara de contentas teñen as dúas!!!!😃
(Qué sorte tivemos🍀🍀🍀!!!)

A continuación podedes ver un pequeniño vídeo da firma de exemplares!!!!


.................................................................................................................

O vindeiro día 11 de Novembro ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa 
Alba Alonso Feijoo dará unha charla sobre diversidade de xénero... Apuntádeo na axenda!!! A continuación podedes ver o Cartaz da Char