luns, 27 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES CC DA NATUREZA (2ºA E 2ºB) ( 1ª SEMANA 27-5-2020 )

Bos días chicos/as:

Nesta  semana vamos comezar cos ...
ECOSISTEMAS
🌳🗻🐇🐄⛈🌴🐅🐆🐘🐍🌞🌵🐫🐪🐐🌊🐬🐳🐠

Teño que lembrarvos que este material  e traballos que vos vou subindo é para que vaiades mirando pero sen agobios 
LEMBRADE QUÉ:
NADA É OBRIGATORIO E NON VAI SER AVALIABLE
 para que desfrutedes  aprendendo cousiñas  nestes días dun xeito diferente, podedes elixir entre todo o que vos enviamos o que máis vos guste.

No blogue da profe Belén : http://profedegarda.blogspot.com/
poderedes atopar éstes e outros vídeos e actividades interesantes dun xeito máis estruturado para ir facendo cando poidades.


1ª SEMANA: Do 27-4-2020...
podedes facer o seguinte:

1.Ver os vídeos sobre éstes contidos que vos axudarán a entender mellor  conceptos que vamos traballar :


Os seres vivos habitan en lugares onde 
poden satisfacer todas as súas necesidades. PINCHADE NOS SEGUINTES ENLACES PARA VER OS VÍDEOS.

O HÁBITAT


👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇
Un ECOSISTEMA está formado por un conxunto de 
SERES VIVOS e o MEDIO FÍSICO (lugar, rochas, auga...) onde viven.
PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE O VÍDEO. ESTADE MOI ATENTOS PARA CONTESTAR ÁS PREGUNTAS QUE VOS FAI.
👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆



2. ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REPASO:

XOGO INTERACTIVO : RELACIONAR ECOSISTEMAS

3.DEBUXAR UN ECOSISTEMA

Facede unha representación do ecosistema que máis vos guste. Pode ser un debuxo, unha maqueta, unha manualidade...o que se vos ocorra. 
Poñédelle de título o nome do ecosistema. 

O ecosistema da vosa composición ten que ter estes dous elementos:
1. MEDIO FÍSICO (LUGAR: ROCHAS, AREA, AUGA... QUE HAI NESE LUGAR).
2. SERES VIVOS (ANIMAIS E PLANTAS QUE VIVEN NEL).

 Podedes investigar sobre o ecosistema que elixades para ver que animais viven nel e, se queredes, podedes escribir  os seus nomes ou as explicacións que vós queirades.

Cando o teñades listo, animádevos a compartilo e enviárnolo:

profedegarda@gmail.com (Belén)
ou
eftorreilla@gmail.com (Toño)
Aquí vos deixo algúns ecosistemas para que elixades o voso preferido...ou podedes facer outro que vos guste máis.



 


4. SE QUEREDES A MAIORES PODEDES VER:
       e outros xogos:

Grazas pola súa colaboración e moitos ánimos




Ningún comentario:

Publicar un comentario