mércores, 8 de abril de 2020

RETOS DE EF para Semana Santa!!!!!! (1ºAB, 2ºAB e 3ºAB)

Eiquí vos deixo uns retos para que fagades vós e a vosa familia ,se queren , durante éstos días, lembrade de mandarme algún comentario decíndome cal vos foi máis fácil e cal máis dificil, un vídeo acadando o retos/retos ou incluso propoñer vós algún novo  
que se vos ocorra ,... o tempo comeza XA.....!!!



CLICA NO SEGUINTE ENLACE  
para ver o vídeo cos retos...

RETOS EF SEMANA SANTA


Ánimos e forza!!!
............................

As mestras PAULA E CYNTHIA fixeron éste vídeo precioso no que nos propuxeron unha viaxe pola Arousa usando figuras de Acrosport. 
Bravo...!!!



Excelente e grazas por compartilo !!!










5 comentarios:

  1. Ola profe Toño!! Son Alicia, a mestra de primeiro! Como molan os retos!! Levo un booooo rato practicando para poder mandarche uns bos vídeos e que mos des por superados! Estouno pasando pipa á vez que fago deporte! Porque parece que non...pero como se traballa! jiji! Véñennos xenial para movernos un pouquiño nestes días de "parón"!! E, de paso, se tod@s se rin coma min...xa mereceu mooooito máis a pena!! Grazas e segue facendo este blogue que tanto nos gusta! Unha aperta enorme compi! :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas compi! Ese é un dos obxectivos pasalo ben tod@s facendo deporte . Seguiremos argallando cousiñas para que o movemento non pare!!!

      Grazas por participar!!!

      Eliminar
  2. Xenial! A Anxo gustoulle moito o teu vídeo, gracias profe!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome que o pasarades ben cos retos... Espero os vosos vídeos para subilos ao blogue. Animádevos a enviar algún!!!
      Grazas a vós

      Eliminar
  3. Alégrome que vos gustasen os retos, estamos preparando máis... animádevos a facelos e a enviarme os vosos vídeos!!!!
    Graciñas por participar. Apertas virtuais

    ResponderEliminar