venres, 3 de febreiro de 2023

O ALUMNADO DE 2º FÍXONOS UN REGALIÑO PARA O PAVILLÓN

 O alumnado de 2º  pensou e reflexionou sobre a Paz e a non violencia  e quixo facernos dúas pancartas onde nos explican o que se pode facer  e o que non no pavillón.

Xa sabedes  e compre lembrar que os xogos e os deportes son para que tod@s xuntos o pasemos moi ben durante o tempo dos recreos. Se tod@s xogamos e participamos pasarémolo moitísimo mellor, estando todos máis felices e contentos.

Moitas grazas alumnado de 2º, colocaremos as 2 pancartas nun lugar ben visible do pavillón.


           "UN PARTIDO SEN PROBLEMAS  É  UN MOI BO PARTIDO!!!!



                



               


Ningún comentario:

Publicar un comentario