O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Pontevedra e obtivo un boísimo resultado ante un equipo que sempre nos pon dificultades dende o inicio, pero ainda así o Dorna mantívose firme, gañando 1-3 o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División. Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos e Álvaro ( que debutaba en primeira):
.................................................................................................................................................
O equipo de segunda capitaneado polo profe Toño desprazouse ata Vilagarcía, onde sempre nos tratan coma da casa. Tamén puidemos conseguir gañar 0-4 a un rival que parecía máis fácil do que ao final foi, pero con esforzo, compromiso e tranquilidade nos momentos claves puidemos conseguilo. Xogaron : Toño, Alberto, Xoel e Gerard
( Gerard xogou a súa primeira partida en segunda división e tras unha partidaza de principio a fin gañou a un rival de 1482 de ELO!!!! Non está nada mal para empezar!!!!jejejeje)
Con éste resultado pasamos ao terceiro posto da clasificación xeral!!!!
Agora toca aguantar e intentar soñar con estar neses primeiros postos!!!!
..............................................................................................................................................................
O equipo de 3ª División sufriu unha derrota ante un rival máis experimentando, pero seguen aprendendo. Algúns xogadores do equipo tiveron a oportunidade de xogar en segunda división e gañaron as súas partidas!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario