Adrián e María desprazáronse dende o RCN de Sanxenxo a facernos unha clase teórica - práctica , puidemos aprender conceptos básicos de navegación imprescindibles para facer unha saída a navegar, previsiblemente para a semana se o tempo nos acompaña. O alumnado pasouno pipa coas súas explicacións, ademáis trouxéronos un Optimus , no que a RAPAZADA puido montar, izar velas e probar en seco as maniobras que pa semana terán que poner en práctica no mar ( viraxes, ceñida, facer contrapeso,...). A continuación podedes ver unhas fotiños do día...
Moitísimas grazas pola visita, estamos desexando navegar👍⛵⛵⛵🧭🧭🌊🌊.
Ningún comentario:
Publicar un comentario