Etiquetas
- 1ºA (64)
- 2ºA (94)
- 2ºB (98)
- 3ºA (61)
- 3ºB (57)
- 4ºA CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (1)
- 4ºB CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (2)
- AVISOS XERAIS (1)
- CC SOCIAIS (23)
- CEIP TORRE ILLA (162)
- CONMEMORACIÓNS (25)
- CURSO 19-20 (92)
- CURSO 20-21 (29)
- CURSO 2020-21 (1)
- CURSO 2020-21 CEIP TORRE ILLA (1)
- CURSO 21-22 (21)
- DIA DA EF NA RÚA (1)
- EDLG (12)
- EDUCACIÓN FÍSICA (36)
- EF (23)
- LETRAS GALEGAS 2020 (3)
- LETRAS GALEGAS 2020-21 CEIP TORRE ILLA CURSO 20-21 (1)
- MAGOSTO (1)
- MÚSICA (2)
- REVISTA ESCOLAR. (3)
- VALORES (26)
- xogos (5)
- xogos populares e tradicionais (2)
martes, 26 de agosto de 2025
luns, 11 de agosto de 2025
domingo, 4 de maio de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 03-5-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) x0gou na Escola de Pau contra o Padrón , un rival duro e que viña xogándose o ascenso na última rolda frente ao Breogán do Grove. O equipo de primeira nesta ocasión e como premio a todo o ano de traballo estivo composto por nenos/as da Escola Xadrez Dorna. Anque debutar en primeira xa é moi dificil, facelo ante un equipo (Padrón) que se xoga o ascenso pois ainda o pon máis complicado todavía. O obxectivo de manter a categoría estaba máis que conseguido e, sen presión , os peques puideron xogar en primeira alomenos unha partida, algo que desexaban dende o inicio da Liga.
Xogaron: Breixo Chaves, Carlos Oubiña, Leo Padín e Álex Pouso.
Rematou a liga e acadamos o 7º posto, podendo quedar entre os 4 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas.
....................................................................................
O equipo de segunda (Dorna Vengarco B) desprazouse ata Cambados para medirse ao Albariño. Un rival que tíñamos só a medio punto e que estivemos a puntiño de pasarlle na clasificación xeral. Chegamos a ésta última rolda cos deberes feitos e coa categoría salvada polo que puidemos xogar sen presión.
Xogaron: Toño, Xoel Ferro , Álvaro F. e Gerard Rivas .
Salientables as partidas de Álvaro que anque chegou un pouco tarde en menos de media hora desfíxose do seu rival, amosando o gran nivel que ten e ao que pode chegar aínda. Gerard tamén fixo unha gran partida na que impuxo a súa calidade nun final de torres que xogou cunha gran templanza e precisión.
Rematou a liga e acadamos o 6º posto, podendo quedar entre os 3 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas, e os nosos pequenos/as puideron xogar e aprender neste primeiro ano de liga para eles.
martes, 15 de abril de 2025
CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ 2025 ( PADRÓN-A CORUÑA)
Durante a semana nos campionatos de España de Xadrez, na Santa , Padrón converteuse na capital do xadrez Galego. Alí xuntáronse preto de 500 rapaces e rapazas para xogar ao xadrez en diferentes categorías.
Os gañadores das diferentes categorías terán a oportunidade de poder participar ( becados)representando a Comunidade Galega.
O mestre Toño, tivo a oportunidade de formar parte do equipo arbitral éste ano. Adxuntamos algunhas fotos do evento!!!
domingo, 6 de abril de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 05-4-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) x0gou na Escola de Pau contra o Vila de Bouzas, un rival duro , pero ao que tivemos contra as cordas dende o inicio das partidas . A Alberto escapouselle unha posición na que tiña vantaxe e que xogara maxistralmente ata o final. Alejandro, nunha partida bastante igualada dende a apertura, non puido finalmente doblegar ao seu rival. Sergio no taboleiro 4 xogou moi ben dende o inicio, a súa partida estivo chea de tácticas e estratexias dende o inicio. Finalmente non puido gañar o punto ao seu rival. Nesta ocasión non nos acompañaron os resultados, anque sí quedou moi claro o nivel que hai de xadrez e que se nolo propoñemos podemos estar arriba na clasificación e dar moita guerra. Carlos Chaves , nunha partida de máis de 4 horas e tras 80 e pico xogadas conseguiu chegar a unha posición de lucena e con 6-7 minutos máis no reloxo que o seu rival. Finalmente logrou impoñer a súa calidade e gañar con autoridade.
O Dorna Vengarco perdeu nesta ocasión por 1- 3 .
Resultado que anque non foi positivo permitelle manterse no 5º posto de cabeza da 1ª DiVISIÓN DO XADREZ GALEGO e ainda nos permite matemáticamente soñar cun ascenso a PREFERENTE!!!!!!! Ou polo menos intentalo!!!! Vamos que queda pouco!!!!
Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos Chaves e Sergio Otero .
...............................................................................................................................................
O equipo de segunda (Dorna Vengarco B) capitaneado polo profe Toño xogou tamén na Escola de Pau contra ACADEMIA ENOT de Pontevedra. Un rival que se atopa nos primeiros postos da clasificación e que lle puidemos plantar cara dende o inicio ata o final; podendo queizais haberlle sacado algún puntiño máis.
Desta vez tocounos perder por 3,5-0,5
( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos e por pequenas imprecisións)
Con éste resultado seguimos mantendo un bo posto na clasificación xeral, estamos de 7ºs e ainda nos toca xogar con algún equipo de arriba , se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!
Xogaron: Toño, Álvaro F., Xoel Ferro e Gerard Rivas .
.............................................................................................................
IMAXES DA SALA DE XOGO: CXF-SEGUROS OCCIDENT Vs DORNA VENGARCO C
( Foto de Roberto Vidal, VILAGARCÍA )
domingo, 30 de marzo de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 29-3-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Vilagarcía para enfrontarse a un duro rival, o CXF- Centro Comercial Arousa. Con seriedade, esforzo conseguiron doblegar a un rival que sempre nos pon as cousas moi difíciles.
O Dorna Vengarco tras unha larga loita l ogrou vencer por 0,5- 3,5 .
Resultado que lle permite escalar ata o primeiro posto da clasificación e permítenos incluso soñar cun ascenso a PREFERENTE!!!!!!! Vamos que queda pouco!!!! Fantástico!!!!!!
Tal e como conta o Presidente e xogador do Xadrez Dorna
( Carlos Chaves) ... Unha das mellores ligas e con mellores resultados do equipo!!!!
Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos Chaves e Sergio Otero .
O que nos resta a Federación... gañámolo nos taboleiros!!!!!!
O equipo de segunda (Dorna Vengarco B) capitaneado polo profe Toño desprazouse ata Padrón, para xogar contra o primeiro clasificado. Polo que puidemos comprobar un rival moi duro, anque tivemos as nosas oportunidades para facer un mellor resultado.
Desta vez tocounos perder por 3,5-0,5
( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos e por pequenas imprecisións)
Con éste resultado seguimos mantendo un bo posto na clasificación xeral, estamos de cuartos e ainda nos toca xogar con algún equipo de arriba , se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!
Xogaron: Toño, Álvaro F., Xoel Ferro e Carlos Oubiña .
domingo, 23 de marzo de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-3-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) xogou na Escola de Pau contra un gran rival e terceiro clasificado na Liga Galega ata o momento. O Dorna Vengarco xogou apretando cada unha das súas partidas, non dándolle respiro ao rival que a priori e vendo o elo inicial sospeitabase que ía ser unha loita difícil. O Dorna Vengarco tras un gran esforzo e compromiso logrou vencer ao Xadrez Breogán ( o Grove) por 2,5-1,5 . Resultado que lle permite escalar ata o 2º posto de Primeira División do grupo C . Fantástico!!!!!!
Xogaron: Alberto ( Pichón), Sergio Otero, Carlos Chaves e Álvaro Fernández .
.......................................................................................................................
O equipo de segunda capitaneado polo profe Toño tamén xogou en casa ( Escola de Pau) . Tocábanos xogar contra o Xadrez Cum Laude , un rival a priori moito máis experimentado ao que lle plantamos cara. O resultado final foi de 3-1 para o Dorna Vengarco B. Fabuloso ver a rapazada xogando as súas partidas superconcentrados e loitando ata o final!!!!! Moi ben rapaces!!!!.
Nesta ocasión xogaron : Toño, Bran Gómez, Carlos Oubiña e Leo Padín
( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos de encontro)
Con éste resultado seguimos mantendo un moi bo posto na clasificación xeral, se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!
........................................................................................................................................
O equipo de 3ª División descansou nesta xornada. Podendo algún dos seus integrantes ascender e xogar co equipo de segunda división. Un premio polo seu esforzo e ganas de mellorar día a día.Seguimos aprendendo e mellorando. Moi ben rapazada!!!!!
domingo, 16 de marzo de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 15-3-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Pontevedra e obtivo un boísimo resultado ante un equipo que sempre nos pon dificultades dende o inicio, pero ainda así o Dorna mantívose firme, gañando 1-3 o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División. Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos e Álvaro ( que debutaba en primeira):
.................................................................................................................................................
O equipo de segunda capitaneado polo profe Toño desprazouse ata Vilagarcía, onde sempre nos tratan coma da casa. Tamén puidemos conseguir gañar 0-4 a un rival que parecía máis fácil do que ao final foi, pero con esforzo, compromiso e tranquilidade nos momentos claves puidemos conseguilo. Xogaron : Toño, Alberto, Xoel e Gerard
( Gerard xogou a súa primeira partida en segunda división e tras unha partidaza de principio a fin gañou a un rival de 1482 de ELO!!!! Non está nada mal para empezar!!!!jejejeje)
Con éste resultado pasamos ao terceiro posto da clasificación xeral!!!!
Agora toca aguantar e intentar soñar con estar neses primeiros postos!!!!
..............................................................................................................................................................
O equipo de 3ª División sufriu unha derrota ante un rival máis experimentando, pero seguen aprendendo. Algúns xogadores do equipo tiveron a oportunidade de xogar en segunda división e gañaron as súas partidas!!!!!!
luns, 24 de febreiro de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-2-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Vilagarcía e obtivo un boísimo resultado o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División:














































