domingo, 4 de maio de 2025

Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 03-5-2025

  O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO)  x0gou na Escola de Pau  contra o Padrón ,  un rival duro  e que viña xogándose o ascenso na última rolda frente ao Breogán do Grove.  O equipo de primeira nesta ocasión e como premio a todo o ano de traballo estivo composto por nenos/as da Escola Xadrez Dorna. Anque debutar en primeira xa é moi dificil, facelo ante un equipo (Padrón) que se xoga o ascenso pois ainda o pon máis complicado todavía. O obxectivo de manter a categoría estaba máis que conseguido e, sen presión , os peques puideron xogar en primeira alomenos unha partida, algo que desexaban dende o inicio da Liga.

Xogaron: Breixo Chaves, Carlos Oubiña, Leo Padín e Álex Pouso.

Rematou a liga e acadamos o 7º posto, podendo quedar entre os 4 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas.


....................................................................................


O equipo de segunda  (Dorna Vengarco B) desprazouse ata Cambados para medirse ao Albariño. Un rival que tíñamos  só a medio punto e que estivemos a puntiño de pasarlle na clasificación xeral. Chegamos a ésta última rolda cos deberes feitos e coa categoría salvada polo que puidemos xogar sen presión.

Xogaron: Toño, Xoel Ferro , Álvaro F. e  Gerard Rivas .

Salientables as partidas de Álvaro que anque chegou un pouco tarde en menos de media hora desfíxose do seu rival, amosando o gran nivel que ten e ao que pode chegar aínda. Gerard tamén fixo unha gran partida na que impuxo a súa calidade nun final de torres que xogou cunha gran templanza e  precisión.

Rematou a liga e acadamos o 6º posto, podendo quedar entre os 3 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas, e os nosos pequenos/as  puideron xogar e aprender neste primeiro ano de liga para eles.




Ningún comentario:

Publicar un comentario