Para rematar a fin de semana, tivemos dobre xornada de competición: unha parte da familia desprazouse ata Vigo para participar no torneo organizado polo Club Escola Rosalía, mentres que a outra viaxou ata O Porriño para competir no torneo do Club Ximnasia Porriño.
En Vigo, competiron o conxunto xuvenil e a nosa raniña Xiana, que, aínda que non tiveron moita sorte nos resultados, fixeron un exercicio case sen fallos, brillando como sempre e demostrando todo o traballo que hai detrás.
En O Porriño:
• Participaron os dous conxuntos benxamíns, que fixeron notar a súa presenza no tapiz, tan bonitas coma sempre.
• O noso federado Noé, que esta vez tivo unha actuación afectada polos nervios.
• A nosa cadete base Andrea, que bordou o seu exercicio e acadou un merecido 3º posto 🥉.
• O noso conxunto alevín, que unha vez máis luciu coma nunca e conseguiu un merecidísimo 1º posto 🥇 despois de tanto traballo e esforzo.
Moi orgullosos de todos os nosos ximnastas!
A seguir traballando e mellorando para as vindeiras competicións.
Parabéns aos clubs organizadores polo esforzo e pola excelente organización.
Aupa Arousa! 💚🐸 (Fonte instagram de Rítmica Arousa)
Podedes ver toda a info se premedes na seguinte foto:👇👇👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario