Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 24-25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 24-25. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de maio de 2025

II TORNEO CLUB ESCOLA ROSALÍA E TORNEO CLUB XIMNASIA PORRIÑO ⭐️( RÍTMICA AROUSA)

Para rematar a fin de semana, tivemos dobre xornada de competición: unha parte da familia desprazouse ata Vigo para participar no torneo organizado polo Club Escola Rosalía, mentres que a outra viaxou ata O Porriño para competir no torneo do Club Ximnasia Porriño.


En Vigo, competiron o conxunto xuvenil e a nosa raniña Xiana, que, aínda que non tiveron moita sorte nos resultados, fixeron un exercicio case sen fallos, brillando como sempre e demostrando todo o traballo que hai detrás.

En O Porriño:
• Participaron os dous conxuntos benxamíns, que fixeron notar a súa presenza no tapiz, tan bonitas coma sempre.
• O noso federado Noé, que esta vez tivo unha actuación afectada polos nervios.
• A nosa cadete base Andrea, que bordou o seu exercicio e acadou un merecido 3º posto 🥉.
• O noso conxunto alevín, que unha vez máis luciu coma nunca e conseguiu un merecidísimo 1º posto 🥇 despois de tanto traballo e esforzo.

Moi orgullosos de todos os nosos ximnastas!
A seguir traballando e mellorando para as vindeiras competicións.

Parabéns aos clubs organizadores polo esforzo e pola excelente organización.

Aupa Arousa! 💚🐸 (Fonte instagram de Rítmica Arousa)

Podedes ver toda a info se premedes na  seguinte foto:👇👇👇






domingo, 6 de abril de 2025

TORNEO DE XIMNASIA RÍTMICA EN VILANOVA ( CLUB XIMNASIA RÍTMICA AROUSA)

   O Clube Ximnasia Rítmica Arousa organizou no pavillón de deportes de Vilanova un fantástico Torneo de Ximnasia Rítmica reunindo a algo máis de 200 ximnastas representando a diferentes escolas e clubes  de  toda Galicia.

   O Clube Ximnasia Rítmica Arousa acadou finalmente 

varios postos no pódium, tal e como podemos ver nas seguintes imaxes:


Categoría Alevín Escolar:

 3º Posto 

(Ximnastas do equipo:  Sira, Sabela,María,

Valeria Vigil, Valeria Pintos e Xulia)

...................................................................................


Categoría Benxamín Escolar:

 2º Posto 

(Ximnastas do equipo:  Vega, Valeria, Carla, Lara e Martina)

......................................................................................................................................................


Outro equipo do Club Ximnasia Arousa que tamén participou e que o fixo superben, anque nesta ocasión non conseguiu pódium...


(Ximnastas do equipo: Carolina, Valentina, Valentina Arufe, Nora e Sofía)

Outros conxuntos do Clube Ximnasia Arousa , como Lía ( Cat. Infantil Escolar de 1º ano) quedou 3ª. Enzo ( Cat. Benxamín base) quedou 2º na súa categoría. O conxunto cadete prebase    quedou tamén nun meritorio 3º posto ( Candela, Mariña, María e Carlota)                                                                                                                                                                                                            


Noraboa a todos os membros  e EQUIPASO  do Clube Ximnasia Arousa  pola organización e fantástica xornada de rítmica na que tod@s participaron deste fabuloso deporte!!!!

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


domingo, 30 de marzo de 2025

Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 29-3-2025

 O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Vilagarcía para enfrontarse a un duro rival, o CXF- Centro Comercial Arousa. Con seriedade, esforzo  conseguiron doblegar a un rival que sempre nos pon as cousas moi difíciles.

 O Dorna Vengarco tras unha larga loita l ogrou vencer  por 0,5- 3,5 . 

Resultado  que lle permite escalar ata  o primeiro posto da clasificación e permítenos incluso soñar cun ascenso a PREFERENTE!!!!!!!  Vamos que queda pouco!!!!  Fantástico!!!!!! 

Tal e como conta o Presidente e xogador  do Xadrez Dorna 

( Carlos Chaves) ... Unha das mellores ligas e con mellores resultados  do equipo!!!!

Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos Chaves e Sergio Otero .

O que nos resta a Federación... gañámolo nos taboleiros!!!!!!






..............................................................................................................................

O equipo de segunda  (Dorna Vengarco B) capitaneado polo profe Toño  desprazouse ata Padrón, para xogar contra o primeiro clasificado. Polo que puidemos comprobar  un rival moi duro, anque tivemos as nosas oportunidades para facer un mellor resultado. 

Desta vez tocounos perder por 3,5-0,5  

( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos e por pequenas imprecisións)

Con éste resultado  seguimos mantendo un bo posto na clasificación xeral, estamos de cuartos e ainda nos toca xogar con algún equipo de arriba , se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!

Xogaron: Toño, Álvaro F., Xoel Ferro e  Carlos Oubiña .






...................................................................................................................................


O equipo  Dorna Vengarco C , de terceira sufríu unha derrota perante o CXF- FUNDACIÓN DE DEPORTES 0-4. Un rival que leva xogando moito máis tempo que os nosos peques pero que lles custou bastante gañar!!!!

Todos fixeron boas partidas , especialmente Gerard que sorprendeu a varios dos asistentes pola súa calidade. Álex debutou na liga galega de xadrez!!!!! Benvido!!!!!
Seguimos aprendendo  e desfrutando!!!!!


Xogaron: Gerard, Leo Padín, Leo Otero e  Álex Pouso .













luns, 24 de febreiro de 2025

Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-2-2025

 O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Vilagarcía e obtivo un boísimo resultado o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División: 




...............................................................................

O equipo de segunda División tamén gañou o seu encontro por 3-1 o que lle permite escalar varios postos na clasificación. Xogaron: Profe Toño, Saúl, Álvaro e Xoel 









O equipo de Dorna Vengarco C loitou moito as súas partidas ante un equipo moito máis maior e experimentado, pero ainda así plantoulle cara ata ao final. Seguimos mellorando e aprendendo rapaces!!!!

Xogaron  do noso equipo : Breixo Chaves,  Carlos Oubiña , Gerard Rivas e Leo Padín
Seguimos mantendo o séptimo posto na clasificación xeral!!!!!







mércores, 27 de novembro de 2024

MINITITORIAL DE SALTAR A COMBA e a GOMA (IRENE E MARTA)

 Irene e Marta ensínannos neste pequeno minititorial como saltar a comba e a goma!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO TITORIAL!!!

👇👇👇👇




Moitas grazas saltadoras!!!!!👏👏👏👏

xoves, 7 de novembro de 2024

Minititorial de J. Manuel e TROMPADA 2024!!!!!

 Eiquí podedes ver como José Manuel Pérez García, pai de dúas alumnas do cole fai un par de tiradas co trompo, amosándonos que anque pase o tempo  o TROMPO segue vivo na AROUSA!!!!





Grazas polo titorial J. Manuel!!!!



martes, 1 de outubro de 2024

INICIACIÓN AO JUDO ( con ÁGUEDA MALLO NOGUEIRA)

                               BENVIDOS AO NOVO CURSO 2024-2025

Durante a semana do 23 ao 27 de Setembro tivemos a oportunidade de contar con Águeda Mallo Nogueira

unha fantástica judoka que nos ensinou moitísimo nunhas clases maxistrais sobre o JUDO 

( deporte que practica a moi alto nivel). Se queredes coñecela podedes ler as seguintes noticias...






Agora algunhas imaxes durante as clases...



                             




Moitas grazas Águeda!!!!!