luns, 23 de febreiro de 2026

Medallistas de CN Salvamento Vilagarcía pertencentes ao Torre Illa!!!

 Hoxe estamos de celebración, tres alumnas do cole representaron ao CN Salvamento de Vilagarcía e obtiveron moi bos resultados. A nosa máis sinceira noraboa polo traballo tan intenso que fixéstedes para chegar onde chegástedes: Carmen, Cristina e Elisa.👍🎉👏👏👏👏




martes, 16 de setembro de 2025

I SEMANA DE CINE NA AROUSA ( Do 18 de setembro ao 21 de setembro)

 O CINECLUBE ENTRECORTIÑAS preséntanos a 1ª semana do cine na Arousa con unhas pelis fantásticas. Non deixedes de ir a velas,... a entrada de Balde!!!! Que máis se pode pedir!!!!!




luns, 14 de xullo de 2025

1º TORNEO XADREZ ACD DORNA VRÁN 2025. ( PASEO DO CAMPO).

 1º TORNEO XADREZ ACD DORNA VRÁN 2025. ( PASEO DO CAMPO).

Anque o tempo non nos axudou, desfrutamos dunha xornada fantástica de xadrez!!!! Grazas a tod@s!!!!


martes, 17 de xuño de 2025

1º PREMIO sobre Igualdade " Xaime o heroe da Igualdade" (17/06/2025)

  O alumnado de 4º fixo un conto colaborativo para participar nun concurso chamado . E ti que pensas sobre a Igualdade? da Deputación de Pontevedra. O luns 16 de xuño o alumnado de 4º coa súa titora Mónica desprazáronse ata Pontevedra ao auditorio do Príncipe Felipe, onde recolleron varios agasallos.

Titora: Mónica
Reporteiros: Mariña, Sira R., Rebeca, Diego, Alejo e Sira J.
A continuación podedes ver o programa...
👇👇👇👇👇👇👇👇👇



domingo, 18 de maio de 2025

REVISTA CARCAMÁN CURSO 24-25


 


FAI CLIC NA SEGUINTE IMAXE PARA ACCEDER A REVISTA...
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

IV TORNEO BÁDMINTON CEIP TORRE ILLA 24-25 (3ºA-3ºB)

 O alumnado de 3º participou como outros anos no Torneo interno de Bádminton, no seguinte vídeo podedes ver a entrega de premios a tod@s os participantes.

 MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇


martes, 6 de maio de 2025

TORNEO XADREZ INTERCENTROS IES A BASELLA (VILANOVA)

 O CEIP TORRE ILLA  participará neste fantástico Torneo Intercentros!!!!







Fai clic no seguinte vídeo para ver a xornada...
👇👇👇👇👇👇👇


domingo, 4 de maio de 2025

Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 03-5-2025

  O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO)  x0gou na Escola de Pau  contra o Padrón ,  un rival duro  e que viña xogándose o ascenso na última rolda frente ao Breogán do Grove.  O equipo de primeira nesta ocasión e como premio a todo o ano de traballo estivo composto por nenos/as da Escola Xadrez Dorna. Anque debutar en primeira xa é moi dificil, facelo ante un equipo (Padrón) que se xoga o ascenso pois ainda o pon máis complicado todavía. O obxectivo de manter a categoría estaba máis que conseguido e, sen presión , os peques puideron xogar en primeira alomenos unha partida, algo que desexaban dende o inicio da Liga.

Xogaron: Breixo Chaves, Carlos Oubiña, Leo Padín e Álex Pouso.

Rematou a liga e acadamos o 7º posto, podendo quedar entre os 4 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas.


....................................................................................


O equipo de segunda  (Dorna Vengarco B) desprazouse ata Cambados para medirse ao Albariño. Un rival que tíñamos  só a medio punto e que estivemos a puntiño de pasarlle na clasificación xeral. Chegamos a ésta última rolda cos deberes feitos e coa categoría salvada polo que puidemos xogar sen presión.

Xogaron: Toño, Xoel Ferro , Álvaro F. e  Gerard Rivas .

Salientables as partidas de Álvaro que anque chegou un pouco tarde en menos de media hora desfíxose do seu rival, amosando o gran nivel que ten e ao que pode chegar aínda. Gerard tamén fixo unha gran partida na que impuxo a súa calidade nun final de torres que xogou cunha gran templanza e  precisión.

Rematou a liga e acadamos o 6º posto, podendo quedar entre os 3 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas, e os nosos pequenos/as  puideron xogar e aprender neste primeiro ano de liga para eles.




II TORNEO CLUB ESCOLA ROSALÍA E TORNEO CLUB XIMNASIA PORRIÑO ⭐️( RÍTMICA AROUSA)

Para rematar a fin de semana, tivemos dobre xornada de competición: unha parte da familia desprazouse ata Vigo para participar no torneo organizado polo Club Escola Rosalía, mentres que a outra viaxou ata O Porriño para competir no torneo do Club Ximnasia Porriño.


En Vigo, competiron o conxunto xuvenil e a nosa raniña Xiana, que, aínda que non tiveron moita sorte nos resultados, fixeron un exercicio case sen fallos, brillando como sempre e demostrando todo o traballo que hai detrás.

En O Porriño:
• Participaron os dous conxuntos benxamíns, que fixeron notar a súa presenza no tapiz, tan bonitas coma sempre.
• O noso federado Noé, que esta vez tivo unha actuación afectada polos nervios.
• A nosa cadete base Andrea, que bordou o seu exercicio e acadou un merecido 3º posto 🥉.
• O noso conxunto alevín, que unha vez máis luciu coma nunca e conseguiu un merecidísimo 1º posto 🥇 despois de tanto traballo e esforzo.

Moi orgullosos de todos os nosos ximnastas!
A seguir traballando e mellorando para as vindeiras competicións.

Parabéns aos clubs organizadores polo esforzo e pola excelente organización.

Aupa Arousa! 💚🐸 (Fonte instagram de Rítmica Arousa)

Podedes ver toda a info se premedes na  seguinte foto:👇👇👇






sábado, 3 de maio de 2025

CAMPIONATO ABSOLUTO DE XADREZ (PADRÓN - A CORUÑA)

 Durante a Semana Santa a cidade de  Padrón converteuse na capital do xadrez Galego. Alí xuntáronse preto de 130 xogadores de xadrez en categoría absoluta para desfrutar deste deporte. 

Os gañadores das diferentes terán a oportunidade de poder participar 

( becados) representando a Comunidade Galega nos campionatos de España de Xadrez.

O mestre Toño, tivo a oportunidade de  formar parte do equipo arbitral éste ano. Adxuntamos algunhas fotos do evento!!!
















martes, 15 de abril de 2025

CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ 2025 ( PADRÓN-A CORUÑA)

 Durante a semana nos campionatos de España de Xadrez, na Santa , Padrón converteuse na capital do xadrez Galego. Alí xuntáronse preto de 500 rapaces e rapazas para xogar ao xadrez en diferentes categorías. 

Os gañadores das diferentes categorías terán a oportunidade de poder participar ( becados)representando a Comunidade Galega.

O mestre Toño, tivo a oportunidade de  formar parte do equipo arbitral éste ano. Adxuntamos algunhas fotos do evento!!!


        









....................................................................................................