martes, 2 de maio de 2023

O CLUBE XADREZ DORNA VENGARCO B, ascenso a 2ª División

 O Clube xadrez Dorna Vengarco B ascende a segunda división do  xadrez galego, despois de haber realizado un traballo excelente durante a liga. Noraboa!!!!

Fabulosa  a imaxe da Escola de Pau chea de xadrecistas!!!!



( NA Foto: XADREZ DORNA VENGARCO Vs Algalia, XADREZ DORNA VENGARCO B Vs Cxf Churrasquería Rubiáns e XADREZ DORNA VENGARCO C Vs Cxf Andaina).




O Burela gaña a súa sexta Copa da Raíña, a quinta consecutiva!!!!

 Éstas son desas noticias que non veremos na tele, xa que non interesa!!!!  Son unhas campionas e son GALEGAS!!!!


ENLACE A NOTICIA...
 





domingo, 23 de abril de 2023

SAÍDA CC. NATUREZA + EF ( 2º DE ED. PRIMARIA)


Cando se xuntan contidos de varias materias con un mesmo obxectivo , que o alumnado aprenda e ademáis se divirta, pois saen cousiñas como estas... ( Paisaxe local, construido, natural, exercicio físico, habilidades motrices, coordinación , parkour e sobre todo... 

APRENDIZAXE E DIVERSIÓN!!!!
Desfrutade!!!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER A NOTICIA...







 

venres, 14 de abril de 2023

CONCERTO DIDÁCTICO con LONTREIRA (Día da poesía e escrita- Equipa de Actividades Complementarias e Extraescolares)

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares programou unha actividade para conmemorar o Día da Poesía e como actividade integrada dentro do Proxecto Anual deste curso que é a escritura. Deste xeito, o xoves acudimos todo o colexio a un encontro cun grupo de música local chamado Lontreira, do cal Adriana (a cantante), é exalumna do noso centro. Estivemos escoitando a súa música, os seus poemas e tamén compartiron con nós como é o proceso de creación artística do grupo; invintándonos a crear un tema conxunto entre as nosas verbas e a súa música.

 

luns, 27 de marzo de 2023

ENTREVISTA CARLOS CHAVES OTERO

 O alumnado de 5ºA realizoulle unha breve entrevista a Carlos Chaves Otero, novo presidente da AC DORNA.








luns, 13 de marzo de 2023

Medallistas en 1ºB

 Algunhas nenas de 1º B ( Vega, Carla, Valeria, Lara,...)foron a Santiago a competir en  Ximnasia Rítmica, obtendo a medalla de bronce. Moi ben chic@s.





martes, 7 de marzo de 2023

Entrevista as aviadoras María del Mar e Nuria ( 8 de marzo)

  Hoxe visitaron o noso cole 2 pilotas de avións,  María del Mar e Nuria. Tivemos a oportunidade de coñecer moitas cousas e ademáis fixémoslle ata unha entrevista...




luns, 13 de febreiro de 2023

DÍA MUNDIAL DA RADIO ( Radio Carcamán- Ceip Torre Illa) . O 13 de febreiro 2023. PONTE NAS ONDAS

 

Para celebrar o día mundial da Radio unha representación de 12 alumn@s de 6º de ED. Primaria do Ceip Torre Illa, colaboradores de RADIO/TV CARCAMÁN e 2 mestres desprazámonos ata Radio AROUSA ( CADENA SER), en Vilagarcía para coñecer como é unha radio profesional e tivemos a oportunidade de participar en directo no programa HOY POR HAY AROSA !!! Moitas Grazas a Montse e a Eloy pola súa amabilidade, coñecimos, aprendemos, debatimos e sobre todo desfrutamos dunha experiencia única que seguramente repetiremos nun futuro!!!





 







venres, 3 de febreiro de 2023

O ALUMNADO DE 2º FÍXONOS UN REGALIÑO PARA O PAVILLÓN

 O alumnado de 2º  pensou e reflexionou sobre a Paz e a non violencia  e quixo facernos dúas pancartas onde nos explican o que se pode facer  e o que non no pavillón.

Xa sabedes  e compre lembrar que os xogos e os deportes son para que tod@s xuntos o pasemos moi ben durante o tempo dos recreos. Se tod@s xogamos e participamos pasarémolo moitísimo mellor, estando todos máis felices e contentos.

Moitas grazas alumnado de 2º, colocaremos as 2 pancartas nun lugar ben visible do pavillón.


           "UN PARTIDO SEN PROBLEMAS  É  UN MOI BO PARTIDO!!!!



                



               


martes, 24 de xaneiro de 2023

CONMEMORACIÓN DÍA DA EDUCACIÓN 5º

 O alumnado de 5 traballou a reo para explicarnos como  foi a educación na illa  antes da ponte.