venres, 14 de abril de 2023

CONCERTO DIDÁCTICO con LONTREIRA (Día da poesía e escrita- Equipa de Actividades Complementarias e Extraescolares)

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares programou unha actividade para conmemorar o Día da Poesía e como actividade integrada dentro do Proxecto Anual deste curso que é a escritura. Deste xeito, o xoves acudimos todo o colexio a un encontro cun grupo de música local chamado Lontreira, do cal Adriana (a cantante), é exalumna do noso centro. Estivemos escoitando a súa música, os seus poemas e tamén compartiron con nós como é o proceso de creación artística do grupo; invintándonos a crear un tema conxunto entre as nosas verbas e a súa música.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario