luns, 13 de novembro de 2023

O TEMPO E OS FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS

 


                                        O TEMPO ATMOSFÉRICO



                        INSTRUMENTOS PARA MEDIR O TEMPO



                        O TEMPO ATMOSFÉRICO E OS MAPAS DO TEMPO






 

  

                                                                            O CLIMA

  


O TEMPO ATMOSFÉRICO









----------------------------------------------------------------------------------------------
EXERCICIOS DE REPASO


                                                                                    O TEMPO  

                                                         FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS  
                                        
                                             CRUCIGRAMA DO TEMPO ATMOSFÉRICO  
   


 VOCABULARIO RELACIONADO CO TEMPO


mércores, 20 de setembro de 2023

xoves, 22 de xuño de 2023

Mensaxe de KILIAN JORNET!!!!

 Kilian Jornet lembra o consello que cambiou a  súa vida por completo aos 18 anos e ensinoulles a "non darlle ningunha importancia a gañar ou perder" | 

Fai clic na imaxe para poder acceder a noticia!!!!



luns, 5 de xuño de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Entrevista a Ana Millán. 4ºA

  A continuación podedes escoitar unha pequena entrevista que lle fixo o alumnado de 4ºA  a Ana Millán, membra e presidenta  da Asociación AROUSA EN TRANSICIÓN.


domingo, 28 de maio de 2023

CARREIRA DE ORIENTACIÓN LETRAS GALEGAS 2023+ XOGOS+CIRCUITOS CON PATINETES NO REGUEIRO!!!! 2º ED.Primaria

 Hoxe desprazámonos ata A Praza do Regueiro para facer alí unhas actividades de EF co alumnado de 2º . Resumindo fixemos unha carreira de Orientación onde o alumnado por equipos tiñas que buscar unha serie de pistas espalladas por todo o Regueiro seguindo o mapa "CARCAMÁN", despois 10 minutiños de xogo libre cos compañeir@s e rematamos con circuitos variados co patinete!!!

PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS MOITO!!!

A continuación podedes ver un pequeniño vídeo do que fixemos!!! Esperamos que vos guste!!!

venres, 19 de maio de 2023

2º TORNEO DE BÁDMINTON CEIP TORRE ILLA. SEMANA LETRAS GALEGAS 2023

Durante a semana das Letras Galegas fixemos entrega de diferentes agasallos ao alumnado de 3ºA-B que participou no 2º Torneo de Bádminton. Noraboa a tod@s os participantes. Saúdos



xoves, 11 de maio de 2023

PLANTAMOS LENTELLAS 1ºB

 A continuación podedes ver un breve vídeo co proceso de plantación das nosas superlentellas!!! 



martes, 2 de maio de 2023

O CLUBE XADREZ DORNA VENGARCO B, ascenso a 2ª División

 O Clube xadrez Dorna Vengarco B ascende a segunda división do  xadrez galego, despois de haber realizado un traballo excelente durante a liga. Noraboa!!!!

Fabulosa  a imaxe da Escola de Pau chea de xadrecistas!!!!



( NA Foto: XADREZ DORNA VENGARCO Vs Algalia, XADREZ DORNA VENGARCO B Vs Cxf Churrasquería Rubiáns e XADREZ DORNA VENGARCO C Vs Cxf Andaina).




O Burela gaña a súa sexta Copa da Raíña, a quinta consecutiva!!!!

 Éstas son desas noticias que non veremos na tele, xa que non interesa!!!!  Son unhas campionas e son GALEGAS!!!!


ENLACE A NOTICIA...
 





domingo, 23 de abril de 2023

SAÍDA CC. NATUREZA + EF ( 2º DE ED. PRIMARIA)


Cando se xuntan contidos de varias materias con un mesmo obxectivo , que o alumnado aprenda e ademáis se divirta, pois saen cousiñas como estas... ( Paisaxe local, construido, natural, exercicio físico, habilidades motrices, coordinación , parkour e sobre todo... 

APRENDIZAXE E DIVERSIÓN!!!!
Desfrutade!!!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER A NOTICIA...







 

venres, 14 de abril de 2023

CONCERTO DIDÁCTICO con LONTREIRA (Día da poesía e escrita- Equipa de Actividades Complementarias e Extraescolares)

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares programou unha actividade para conmemorar o Día da Poesía e como actividade integrada dentro do Proxecto Anual deste curso que é a escritura. Deste xeito, o xoves acudimos todo o colexio a un encontro cun grupo de música local chamado Lontreira, do cal Adriana (a cantante), é exalumna do noso centro. Estivemos escoitando a súa música, os seus poemas e tamén compartiron con nós como é o proceso de creación artística do grupo; invintándonos a crear un tema conxunto entre as nosas verbas e a súa música.

 

luns, 27 de marzo de 2023

ENTREVISTA CARLOS CHAVES OTERO

 O alumnado de 5ºA realizoulle unha breve entrevista a Carlos Chaves Otero, novo presidente da AC DORNA.








luns, 13 de marzo de 2023

Medallistas en 1ºB

 Algunhas nenas de 1º B ( Vega, Carla, Valeria, Lara,...)foron a Santiago a competir en  Ximnasia Rítmica, obtendo a medalla de bronce. Moi ben chic@s.





martes, 7 de marzo de 2023

Entrevista as aviadoras María del Mar e Nuria ( 8 de marzo)

  Hoxe visitaron o noso cole 2 pilotas de avións,  María del Mar e Nuria. Tivemos a oportunidade de coñecer moitas cousas e ademáis fixémoslle ata unha entrevista...




luns, 13 de febreiro de 2023

DÍA MUNDIAL DA RADIO ( Radio Carcamán- Ceip Torre Illa) . O 13 de febreiro 2023. PONTE NAS ONDAS

 

Para celebrar o día mundial da Radio unha representación de 12 alumn@s de 6º de ED. Primaria do Ceip Torre Illa, colaboradores de RADIO/TV CARCAMÁN e 2 mestres desprazámonos ata Radio AROUSA ( CADENA SER), en Vilagarcía para coñecer como é unha radio profesional e tivemos a oportunidade de participar en directo no programa HOY POR HAY AROSA !!! Moitas Grazas a Montse e a Eloy pola súa amabilidade, coñecimos, aprendemos, debatimos e sobre todo desfrutamos dunha experiencia única que seguramente repetiremos nun futuro!!!





 







venres, 3 de febreiro de 2023

O ALUMNADO DE 2º FÍXONOS UN REGALIÑO PARA O PAVILLÓN

 O alumnado de 2º  pensou e reflexionou sobre a Paz e a non violencia  e quixo facernos dúas pancartas onde nos explican o que se pode facer  e o que non no pavillón.

Xa sabedes  e compre lembrar que os xogos e os deportes son para que tod@s xuntos o pasemos moi ben durante o tempo dos recreos. Se tod@s xogamos e participamos pasarémolo moitísimo mellor, estando todos máis felices e contentos.

Moitas grazas alumnado de 2º, colocaremos as 2 pancartas nun lugar ben visible do pavillón.


           "UN PARTIDO SEN PROBLEMAS  É  UN MOI BO PARTIDO!!!!



                



               


martes, 24 de xaneiro de 2023

CONMEMORACIÓN DÍA DA EDUCACIÓN 5º

 O alumnado de 5 traballou a reo para explicarnos como  foi a educación na illa  antes da ponte.