domingo, 6 de abril de 2025

TORNEO DE XIMNASIA RÍTMICA EN VILANOVA ( CLUB XIMNASIA RÍTMICA AROUSA)

   O Clube Ximnasia Rítmica Arousa organizou no pavillón de deportes de Vilanova un fantástico Torneo de Ximnasia Rítmica reunindo a algo máis de 200 ximnastas representando a diferentes escolas e clubes  de  toda Galicia.

   O Clube Ximnasia Rítmica Arousa acadou finalmente 

varios postos no pódium, tal e como podemos ver nas seguintes imaxes:


Categoría Alevín Escolar:

 3º Posto 

(Ximnastas do equipo:  Sira, Sabela,María,

Valeria Vigil, Valeria Pintos e Xulia)

...................................................................................


Categoría Benxamín Escolar:

 2º Posto 

(Ximnastas do equipo:  Vega, Valeria, Carla, Lara e Martina)

......................................................................................................................................................


Outro equipo do Club Ximnasia Arousa que tamén participou e que o fixo superben, anque nesta ocasión non conseguiu pódium...


(Ximnastas do equipo: Carolina, Valentina, Valentina Arufe, Nora e Sofía)

Outros conxuntos do Clube Ximnasia Arousa , como Lía ( Cat. Infantil Escolar de 1º ano) quedou 3ª. Enzo ( Cat. Benxamín base) quedou 2º na súa categoría. O conxunto cadete prebase    quedou tamén nun meritorio 3º posto ( Candela, Mariña, María e Carlota)                                                                                                                                                                                                            


Noraboa a todos os membros  e EQUIPASO  do Clube Ximnasia Arousa  pola organización e fantástica xornada de rítmica na que tod@s participaron deste fabuloso deporte!!!!

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 05-4-2025

 O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO)  x0gou na Escola de Pau  contra o Vila de Bouzas,  un rival duro ,  pero ao que tivemos contra as cordas dende o inicio das partidas .  A Alberto escapouselle unha posición na que tiña vantaxe e que xogara maxistralmente ata o final.  Alejandro, nunha partida bastante igualada dende a apertura, non puido finalmente doblegar ao seu rival.  Sergio no taboleiro 4 xogou moi ben dende o inicio, a súa partida estivo chea de tácticas e estratexias dende o inicio. Finalmente non puido gañar o punto ao seu rival. Nesta ocasión non nos acompañaron os resultados, anque sí quedou moi claro o nivel que hai de xadrez e que se nolo propoñemos podemos estar arriba na clasificación e dar moita guerra. Carlos Chaves , nunha partida de máis de 4 horas e tras 80 e pico xogadas conseguiu chegar a unha posición de lucena e con 6-7 minutos máis no reloxo que o seu rival. Finalmente logrou impoñer a súa calidade e gañar con autoridade.

 O Dorna Vengarco  perdeu nesta ocasión  por 1- 3 . 

Resultado  que anque non foi positivo permitelle manterse no 5º posto de cabeza da 1ª DiVISIÓN DO XADREZ GALEGO e ainda nos permite matemáticamente soñar  cun ascenso a PREFERENTE!!!!!!!  Ou polo menos intentalo!!!! Vamos que queda pouco!!!!  


Xogaron: Alberto ( Pichón), Alejandro, Carlos Chaves e Sergio Otero .




...............................................................................................................................................

O equipo de segunda  (Dorna Vengarco B) capitaneado polo profe Toño   xogou tamén na Escola de Pau contra  ACADEMIA ENOT  de Pontevedra. Un rival que se atopa nos primeiros postos da clasificación e que lle puidemos plantar cara dende o inicio ata o final; podendo queizais haberlle sacado algún puntiño máis. 

Desta vez tocounos perder por 3,5-0,5  

( Todas as partidas foron bastante igualadas e decidíronse case nos últimos minutos e por pequenas imprecisións)

Con éste resultado  seguimos mantendo un bo posto na clasificación xeral, estamos de 7ºs e ainda nos toca xogar con algún equipo de arriba , se seguimos neste nivel non deberíamos de ter problemas para manter a categoría. Todo o que veña a maiores de ese obxectivo,... benvido sexa!!!!!!

Xogaron: Toño, Álvaro F., Xoel Ferro e  Gerard Rivas .




.............................................................................................................

O equipo  Dorna Vengarco C , de terceira sufríu unha derrota perante o CXF- SEGUROS OCCIDENT 1-3. Un rival que leva xogando moito máis tempo que os nosos peques pero que lles custou bastante gañar!!!!

Todos fixeron boas partidas , especialmente Álex que sorprendeu a varios dos asistentes pola súa calidade e gañou con autoridade na súa  segunda partida na Liga Galega de Xadrez.  Noraboa a Álex e ao equipo de 3ª en xeral que conseguiron facer moi boas partidas no seu primeiro ano de federados!!!
Seguimos aprendendo  e desfrutando!!!!!

Xogaron: Jorge Otero, Leo Padín, Manuel Otero e  Álex Pouso .

Moi bo traballo equipo!!!!!!









IMAXES DA SALA DE XOGO: CXF-SEGUROS OCCIDENT Vs DORNA VENGARCO C

( Foto de Roberto Vidal, VILAGARCÍA )