luns, 24 de febreiro de 2025

Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 22-2-2025

 O equipo de primeira  ( DORNA VENGARCO) desprazouse a Vilagarcía e obtivo un boísimo resultado o que lle permite estar nos postos de cabeza do grupo c de 1ª División: 




...............................................................................

O equipo de segunda División tamén gañou o seu encontro por 3-1 o que lle permite escalar varios postos na clasificación. Xogaron: Profe Toño, Saúl, Álvaro e Xoel 









O equipo de Dorna Vengarco C loitou moito as súas partidas ante un equipo moito máis maior e experimentado, pero ainda así plantoulle cara ata ao final. Seguimos mellorando e aprendendo rapaces!!!!

Xogaron  do noso equipo : Breixo Chaves,  Carlos Oubiña , Gerard Rivas e Leo Padín
Seguimos mantendo o séptimo posto na clasificación xeral!!!!!







martes, 18 de febreiro de 2025

LIGA DE XADREZ 3ª XORNADA 15-2-2025

 O equipo de 1ª DORNA VENGARCO 3-1 ao equipo de Mos B. Un equipo difícil con xogadores moi ben preparados , pero que os Carcamáns  gañaron con contundencia. Noraboa👏👏








O Dorna Vengarco C xogou contra Padrón, plantándolle cara en todo momento. Os noso 2 primeiros taboleiros Carlos Oubiña e Leo Padín loitaron ata o final, acadando Leo unhas táboas con un rival bastante forte. Manuel e Leo Otero estreáronse na categoría xogando tamén a un moi bo nivel!!!!
Bravo rapaces!!!


domingo, 2 de febreiro de 2025

Liga Galega de Xadrez

 Éste fin de semana o equipo do Xadrez Dorna C xogou un encontró na Escola de Pau , estrearonse na Liga gañando 4-0 .  Boa parte do equipo está formado por alumnado do noso centro.  Xogaron; Breixo, Carlos, Gerard e Leo. NORABOA RAPAZADA!!!!