mércores, 29 de xaneiro de 2025

PROGRAMA XOGADE CURSO 24-25

 O alumnado de 3º e 4º de Corvillón ( Cambados) visitounos o martes 28 de xaneiro para compartir xogos e deporte connosco. Fixemos baloncesto, minibalomán, dachball, xadrez, xogos de madeira e fútbol sala.Merendamos todos xuntos e finalizamos tamén con uns xogos de relax e volta a calma todos/as.

Se escaneades o seguinte CÓDIGO  QR, podedes ver un reel de algo que fixemos ese día  ( instagram CEIP TORRE ILLA)


...................................................................................................................................................................

Hoxe 29 de xaneiro o alumnado de 6ºA-B desprazáronse co profe Manu  e Diego ao CEIP VIÑAGRANDE (Deiro) onde participaron nunha nova xornada de XOGADE. A continuación podedes ver unhas fotiños do ben que o pasaron facendo deporte e coñecendo a compis de outros coles ...

                                     



.............................................................................................................














luns, 2 de decembro de 2024

Visita/ entrevista a EVA DIOS NIETO!!! - SEMANA DA DISCAPACIDADE CEIP TORRE ILLA-

Bo día. Hoxe tivemos unha visita super especial...
EVA DIOS NIETO.  
O alumnado de 2ºA-B  xunto coas súas mestras ( Ali e Lucía) prepararon unha pequeniña entrevista a ésta fantástica xogadora. Podedes desfrutala en Radio/tv Carcamán




Despois da entrevista firmounos un balón, repartiu fotos co seu nome, visitou  as aulas e durante o recreo veu ata o pavillón a xogar uns partidiños de fútbol co noso alumnado.
A continuación podedes ver algunhas das fotos durante a visita...

                                          




Moitas grazas pola visita. Volve cando queiras!!!
SAÚDOS

mércores, 27 de novembro de 2024

MINITITORIAL DE SALTAR A COMBA e a GOMA (IRENE E MARTA)

 Irene e Marta ensínannos neste pequeno minititorial como saltar a comba e a goma!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO TITORIAL!!!

👇👇👇👇




Moitas grazas saltadoras!!!!!👏👏👏👏

martes, 26 de novembro de 2024

25 N NO CEIP TORRE ILLA (Equipo de ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES) EACE

  Hoxe 25 de Novembro o CEIP TORRE ILLA  celebrou o 25 N onde o alumnado lle dou a volta a antigas cantigas que tiñan moita connotación machista e adaptáronas aos tempos de hoxe !!!!!

                     



                     


                     


Fantástico traballo do EACE do Ceip Torre Illa!!!!!

NORABOA!!!!








xoves, 7 de novembro de 2024

Minititorial de J. Manuel e TROMPADA 2024!!!!!

 Eiquí podedes ver como José Manuel Pérez García, pai de dúas alumnas do cole fai un par de tiradas co trompo, amosándonos que anque pase o tempo  o TROMPO segue vivo na AROUSA!!!!





Grazas polo titorial J. Manuel!!!!



martes, 15 de outubro de 2024

TROMPADA CEIP TORRE ILLA 2024


OLLO, VAMOS QUENTANDO OS PULSOS 
PARA O GRAN DÍA
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇








BAILAR O TROMPO FACILMENTE...

HISTORIA DO TROMPO, BUXAINA,... Para saber máis....

 Información varia sobre os trompos, buxainas e peóns...




(Historia e curiosidades sobre o peón)


(Traballo feito sobre o peón)



(Lectura sobre o PEÓN-TROMPO-BUXAINA)

martes, 1 de outubro de 2024

INICIACIÓN AO JUDO ( con ÁGUEDA MALLO NOGUEIRA)

                               BENVIDOS AO NOVO CURSO 2024-2025

Durante a semana do 23 ao 27 de Setembro tivemos a oportunidade de contar con Águeda Mallo Nogueira

unha fantástica judoka que nos ensinou moitísimo nunhas clases maxistrais sobre o JUDO 

( deporte que practica a moi alto nivel). Se queredes coñecela podedes ler as seguintes noticias...






Agora algunhas imaxes durante as clases...



                             




Moitas grazas Águeda!!!!!


mércores, 19 de xuño de 2024

MISIÓN BARBAFEITA !!!

Broche final a misión BARBAFEITA !!!!

Realizamos unha serie de retos e consiguimos diversas pistas para finalmente chegar e atopar o TESOURO DE BARBAFEITA!!!

Fantástico traballo do alumnado e as súas mestras e titoras ( María O. e Belén)!!!

DESFRUTADE CO VÍDEO




 

mércores, 12 de xuño de 2024

O PASO DO TEMPO ( COMO CAMBIOU O MUNDO CO PASO DO TEMPO?)

                                         

                                            OS XOGUETES ANTIGOS E OS DE AGORA





AS IDADES DA HISTORIA (PRIMARIA)




 
A ÉPOCA DAS COVAS

 




A IDADE MEDIA