Etiquetas
- 1ºA (64)
- 2ºA (94)
- 2ºB (98)
- 3ºA (61)
- 3ºB (57)
- 4ºA CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (1)
- 4ºB CEIP TORRE ILLA CURSO 21-22 (2)
- AVISOS XERAIS (1)
- CC SOCIAIS (23)
- CEIP TORRE ILLA (162)
- CONMEMORACIÓNS (25)
- CURSO 19-20 (92)
- CURSO 20-21 (29)
- CURSO 2020-21 (1)
- CURSO 2020-21 CEIP TORRE ILLA (1)
- CURSO 21-22 (21)
- DIA DA EF NA RÚA (1)
- EDLG (12)
- EDUCACIÓN FÍSICA (36)
- EF (23)
- LETRAS GALEGAS 2020 (3)
- LETRAS GALEGAS 2020-21 CEIP TORRE ILLA CURSO 20-21 (1)
- MAGOSTO (1)
- MÚSICA (2)
- REVISTA ESCOLAR. (3)
- VALORES (26)
- xogos (5)
- xogos populares e tradicionais (2)
domingo, 18 de maio de 2025
IV TORNEO BÁDMINTON CEIP TORRE ILLA 24-25 (3ºA-3ºB)
O alumnado de 3º participou como outros anos no Torneo interno de Bádminton, no seguinte vídeo podedes ver a entrega de premios a tod@s os participantes.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇
martes, 6 de maio de 2025
TORNEO XADREZ INTERCENTROS IES A BASELLA (VILANOVA)
O CEIP TORRE ILLA participará neste fantástico Torneo Intercentros!!!!
domingo, 4 de maio de 2025
Liga galega de xadrez ( 1ª, 2ª e 3ª División) 03-5-2025
O equipo de primeira ( DORNA VENGARCO) x0gou na Escola de Pau contra o Padrón , un rival duro e que viña xogándose o ascenso na última rolda frente ao Breogán do Grove. O equipo de primeira nesta ocasión e como premio a todo o ano de traballo estivo composto por nenos/as da Escola Xadrez Dorna. Anque debutar en primeira xa é moi dificil, facelo ante un equipo (Padrón) que se xoga o ascenso pois ainda o pon máis complicado todavía. O obxectivo de manter a categoría estaba máis que conseguido e, sen presión , os peques puideron xogar en primeira alomenos unha partida, algo que desexaban dende o inicio da Liga.
Xogaron: Breixo Chaves, Carlos Oubiña, Leo Padín e Álex Pouso.
Rematou a liga e acadamos o 7º posto, podendo quedar entre os 4 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas.
....................................................................................
O equipo de segunda (Dorna Vengarco B) desprazouse ata Cambados para medirse ao Albariño. Un rival que tíñamos só a medio punto e que estivemos a puntiño de pasarlle na clasificación xeral. Chegamos a ésta última rolda cos deberes feitos e coa categoría salvada polo que puidemos xogar sen presión.
Xogaron: Toño, Xoel Ferro , Álvaro F. e Gerard Rivas .
Salientables as partidas de Álvaro que anque chegou un pouco tarde en menos de media hora desfíxose do seu rival, amosando o gran nivel que ten e ao que pode chegar aínda. Gerard tamén fixo unha gran partida na que impuxo a súa calidade nun final de torres que xogou cunha gran templanza e precisión.
Rematou a liga e acadamos o 6º posto, podendo quedar entre os 3 primeiros se non tivésemos algunha alineación indebida. Ainda así unha gran tempada na que estivemos nos primeiros postos durante boa parte das xornadas, e os nosos pequenos/as puideron xogar e aprender neste primeiro ano de liga para eles.
II TORNEO CLUB ESCOLA ROSALÍA E TORNEO CLUB XIMNASIA PORRIÑO ⭐️( RÍTMICA AROUSA)
Para rematar a fin de semana, tivemos dobre xornada de competición: unha parte da familia desprazouse ata Vigo para participar no torneo organizado polo Club Escola Rosalía, mentres que a outra viaxou ata O Porriño para competir no torneo do Club Ximnasia Porriño.
En Vigo, competiron o conxunto xuvenil e a nosa raniña Xiana, que, aínda que non tiveron moita sorte nos resultados, fixeron un exercicio case sen fallos, brillando como sempre e demostrando todo o traballo que hai detrás.
En O Porriño:
• Participaron os dous conxuntos benxamíns, que fixeron notar a súa presenza no tapiz, tan bonitas coma sempre.
• O noso federado Noé, que esta vez tivo unha actuación afectada polos nervios.
• A nosa cadete base Andrea, que bordou o seu exercicio e acadou un merecido 3º posto 🥉.
• O noso conxunto alevín, que unha vez máis luciu coma nunca e conseguiu un merecidísimo 1º posto 🥇 despois de tanto traballo e esforzo.
Moi orgullosos de todos os nosos ximnastas!
A seguir traballando e mellorando para as vindeiras competicións.
Parabéns aos clubs organizadores polo esforzo e pola excelente organización.
Aupa Arousa! 💚🐸 (Fonte instagram de Rítmica Arousa)
sábado, 3 de maio de 2025
CAMPIONATO ABSOLUTO DE XADREZ (PADRÓN - A CORUÑA)
Durante a Semana Santa a cidade de Padrón converteuse na capital do xadrez Galego. Alí xuntáronse preto de 130 xogadores de xadrez en categoría absoluta para desfrutar deste deporte.
Os gañadores das diferentes terán a oportunidade de poder participar
( becados) representando a Comunidade Galega nos campionatos de España de Xadrez.
O mestre Toño, tivo a oportunidade de formar parte do equipo arbitral éste ano. Adxuntamos algunhas fotos do evento!!!