OUTROS BLOGS QUE SIGO...
xoves, 29 de febreiro de 2024
Recursos para profundizar en aldeas, vilas e cidades!!!
luns, 26 de febreiro de 2024
INFORMATIVO ESPECIAL 6º ( Día de Rosalía. 23 de febreiro )
A continuación podedes escoitar o directo e especial informativo do día 23 DE FEBREIRO ( Día do nacemento da escritora e poeta Rosalía de Castro)
Esperamos que desfrutedes con éste traballiño que nos prepararon o alumnado de 6º. Saúdos
xoves, 8 de febreiro de 2024
ENTROIDO ( Os Liboriños do Torre Illa)
Aí van unhas imaxes do traballiño feito nestos días previos e o resultado!!!
Moi bo traballo rapazada!!!!
luns, 5 de febreiro de 2024
Charla - coloquio con Ramón Otero Oubiña ( Meteorólogo local por afección- CHUVILLA)
Hoxe tivemos a visita de Ramón Otero Oubiña que nos falou de varios instrumentos de medida, sobre todo o pluviómetro . Puidonos ensinar a páxina web que fixo o seu fillo coa súa colaboración . Tamén nos ensinou dous pluviómetros e o seu funcionamento ( un manual e outro automático). Explicounos cando comezou con esta afección e falounos da importancia da auga nas nosas vidas e como coidala e non malgastala. Tamén puidemos ver a relación e influencia que ten a auga e a cantidade de auga que cae co clima e cos sectores productivos.
A continuación poñemos unhas fotografías da charla- coloquio co noso alumnado de 2ºA-B.
Moitas grazas por vir Ramón e por contarnos todo tan fácil.
Grazas!!!!