OUTROS BLOGS QUE SIGO...
▼
martes, 27 de abril de 2021
CO BO TEMPO... ANDAINAS do CEIP TORRE ILLA!!!
Para celebrar o 28 de Abril ( día da EF na rúa)
saimos pola nosa contorna a facer un pouco de deporte.
En vindeiras semanas seguiremos coa actividade!!!!
sábado, 24 de abril de 2021
EDUCACIÓN VIAL ( VALORES 3ºB ).
Eiquí podedes ver algunha das actividades que fixemos para traballar a ED. VIAL...
TRABALLO SOBRE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS (3ºB)
Eiquí tedes un pequeno vídeo de todo o traballiño que fixéstedes ( Busca de información, presentación de traballo e breve explicación aos compañeiros/as). Desta vez se tedes gafas de realidade virtual podedes ver o vídeo en vivo e en directo, como se estivérades alí... A desfrutalo!!!
mércores, 21 de abril de 2021
LIMPEZA DE PRAIAS (PROXECTO PLANCTON)
Boa parte do alumnado do CEIP TORRE-ILLA desprazámonos ata os areais próximos ao cole para axudar na recollida de lixo que asolaga as praias e areais.
O alumnado de 3º A e 3º B recolleron sobre uns 100kg de lixo e que puidemos comprobar ao pesalo no peirao. Gran traballo rapazada!!!
luns, 19 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO 23 DE ABRIL
Fai clic na imaxe para acceder a actividades e recursos variados moi chulos
relacionadas co día do libro (BIBLIOTECA).
martes, 13 de abril de 2021
CONSTRUCIÓN DE BOLAS DE MALABARES!!! ( TRABALLO PLÁSTICA- EDUCACIÓN FÍSICA)
A continuación podedes ver o material necesario para construír as vosas bolas de malabares con globos e arroz. Facede clic na imaxe para ver o proceso!!!
Comezan a chegar as bolas malabares...
de LUCA
..................................................................
de ELIA











